Skip to Content

                                                                                                                                                     

 

ORGANIZACIÓN FESTA DO OUTONO

O venres día 30 de Outubro celebraremos no centro a Festa de Outono, debido a COVID -19, este curso non se faráfesta ao uso, senón que os alumnos e alumnas celebrarán a data cos compañeiros e compañeiras da súa aula.

O horario será o mesmo que calquer venres normal coa diferenza de que este día estará completamente adicado ao Outono.

Os  alumnos e alumnas , que así o desexen, poderán vir disfrazados, sen complementos.

As merendas serán libres, podendo traer doces típicos da época, que en ningún momento poderán ser compartidos con compañeiros e compañeiras

 Actividades que se realizarán:

  • Plantación de castiñeiros. Para esta plantación pedimos as familias que poidan que traían ó cole castañas  húmidas que atopen na natureza (NON de supermercado) xa que son as mellores para poder plantar os castiñeiros.
  • Xogos populares nas aulas ou no patio.
  • Explicación da orixe do Samain  e da festa do Magosto.
  • Manualidades.
  • Contos de medo.
  • Conxuros na biblioteca.
  • Concurso de relato curto.
  • Recetas de Outono.

 



Imaxe aleatoria

sogama

Último álbum

story | by Dr. Radut