Skip to Content

                                                                                                                                                     

 

 

NOTA INFORMATIVA SOBRE O INICIO DE CURSO

Estimadas familias,

Ante as inquedanzas que están a xurdir en toda a Comunidade Educativa respecto ao comezo e desenvolvemento do curso escolar 2020-2021, a Dirección do CEIP Xunqueira 2 informa que:

1º. Por indicación da Consellería de Educación, os libros de texto pertencentes ao Fondo Solidario, serán entregados en setembro. Nesta web estableceremos as quendas escalonadas de reparto.

2º. Durante os meses de xullo e agosto o Equipo Directivo estivo a traballar, entre outras cousas, na adquisición de material hixiénico homologado e valorando a adaptación dos espazos e horarios do centro para compatibilizalos co Protocolo establecido pola Xunta de Galicia a finais do mes de xullo. Seguimos pendentes das posibles modificacións que se poidan producir antes do inicio do curso escolar, así como das negociacións coa FANPA no relativo a Comedor e Plan Madruga para ofrecer unha versión definitiva.

3º. O CEIP Xunqueira 2 está a realizar todas as xestións precisas para que a volta ás aulas sexa o máis segura posible para toda a Comunidade Educativa dentro do que marca a normativa vixente. Por ese motivo, recomendamos que permanezan atentos á información que se publicará a través da web oficial do colexio así como aos avisos que recibirán a través da mensaxería Abalar.

Un cordial saúdo.




Imaxe aleatoria

COMEZAMOS!!!!

story | by Dr. Radut