Skip to Content

                                                                                                                                                     

 

 

ORGANIZACIÓN INICIO DO CURSO 2019-2020

ORGANIZACIÓN INICIO CURSO 2019-2020

HORARIO LECTIVO: 9:00 - 14:00h*

SERVIZOS DISPOÑIBLES: Plan Madruga, Transporte Escolar e Comedor * (dende o mércores 11)

* salvo o alumnado de 4º de infantil que está no período de adaptación e comezará a usar os servizos a partir do mércores 25 de setembro.

 

ENTRADA DO ALUMNADO:

MÉRCORES 11 SETEMBRO

TODO O ALUMNADO (transportado e acompañado por familiares) ENTRA POLAS PORTAS DE  ACCESO DE ABAIXO.

Farase chamamento do grupo e nomearase ao alumnado novo que se incorpore ao mesmo. (O Director chamará de 3º a 6º de primaria e a Xefa de Estudos de 5º de Infantil a 2º de primaria.)

O alumnado subirá só, acompañado do seu titor a e a continuación as nais/pais/titores do grupo poderán subir ás aulas 10 minutos a achegar o material.

(AVISO: POR MOTIVOS ORGANIZATIVOS PARA SALIR DO CENTRO USEN AS PORTAS DE ABAIXO PORQUE TEMOS ALUMNADO DE PERÍODO DE ADAPTACIÓN ENTRANDO POLA PORTA PRINCIPAL, GRAZAS.)

 

IMPORTANTE: a partir do xoves 12 de setembro TODO O ALUMNADO entrará segundo o PROTOCOLO DE ENTRADAS E SAÍDAS do centro.

Alumnado transportado: custodiado por profesorado de garda.

Alumnado acompañado por familias:  entrada pola porta de arriba agardando na pasarela ata a apertura de portas ás 9:00h. O alumnado entrará por orden dende 4º infantil ata 6º de primaria. (O alumnado entra só ao centro).

 

AVISO: no caso de perder o transporte escolar o alumnado entrará pola porta de arriba como alumnado acompañado por familias

AVISO: Os primeiros días as familias poderán achegar o material escolar en bolsa pechada co seu nome na conserxería do centro.

 

A dirección.



Imaxe aleatoria

Maios

story | by Dr. Radut