Skip to Content

                                                                                                                                                     

 

Blogues

Gañadores do concurso de Nadal

Todas as aulas recibiron un diploma pola súa participación. Ademais, todos os participantes neste concurso, obtiveron un agasallo. 

Nas fotos podedes ver a algúns compañeiros e compañeiras posando co seu diploma de grupo e, a outros, escollendo un agasallo individual. Noraboa!!

Diploma

Agasallo

Tríptico de lecturas de nadal

Recomendacións de lectura para este nadal

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Novidades

PAPÁ NOEL XA PASOU POLO COLE!! Deixounos unha chea de libros novos para os maiores, para os pequenos, para os que len moito, para os que len menos e se deleitan coas ilustracións, para os aventureiros, para os que disfrutan cos retos, para os que queren aprenden inglés, para os amantes dos animais, para os que non teñen medo...PARA TODOS!! 

E ti, que libro che vai? Entra na biblio e descúbreo!!

Concurso de postais de Nadal

Xa chega o Nadal! 

E, por iso, poñemos en marcha un novo concurso. Lede atentamente e todos a participar!! 

Samain

Celebramos a chegada do Samain cun montón de actividades:

- elaborando conxuros segredos

- creando contos de medo

- facendo debuxos máxicos para botar os medos fóra!

- e... por suposto...

lendo contos terroríficos na biblio!!

(pincha no ADXUNTO para disfrutar pequenos momentos da festa)

24 de outubro: Día das Bibliotecas Escolares

Ola!! Que tal estades? Fervelliño está súper contento, mirade cantos debuxos tan chulos fixeron os rapaces e rapazas do cole, para celebrar o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. Cada neno e nena escribiu e debuxou sobre un dos seus libros favoritos. Temos un montón de propostas novas para ler. Moitos destes libros están na biblio. Bulide a collelos!! 

INFANTIL 5º A                 1º A                 2º A                4º B

INFANTIL 5º B                1º B                 2º B                5º B

INFANTIL 6º A

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS

Fervelliño entrou na Aula Virtual de sexto B e pediulle ao alumnado que co gallo do DÍA DA BIBLIOTECA recomendasen ao resto da comunidade educativa un libro que xa tivesen lido e que cren que paga a pena ler. 

Benvidos á biblioteca

Este é o novo aspecto da biblioteca. Está renovada e actualizada para dar cumprimento a todas as medidas sanitarias actuais. 

Distribuir contido


Imaxe aleatoria

sogama

by Dr. Radut