MATRÍCULA CURSO 2024-25
Prazo para formalizar a matrícula:
- Do 20 ao 30 de xuño de 2024. (Se non se formaliza no prazo establecido, pérdese a vacante adxudicada e perderase a praza escolar do centro educativo no que estaba matriculado anteriormente).
- As solicitudes deberán ser entregadas xunto coa documentación solicitada na secretaría do centro. (IMPORTANTE: No centro NON se fan fotocopias).
DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA A PRESENTAR NO CENTRO:
- Anexo III (ORDEN de 21 de octubre de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, de 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos), Enquisa sobre a lingua materna. Proporcionaremos desde o centro esta documentación para cubrir no momento da formalización da matrícula.
Ao fin de facilitar o proceso de matriculación poñemos á vosa disposición o anexo III para que poidades descargalo e traelo xa cuberto e asinado ao centro. LEMBRAMOS QUE É NECESARIA A SINATURA DE AMBOS PROXENITORES NO CASO DE QUE AMBOS OSTENTEN A PATRIA POTESTADE.
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmesonvento/?q=system/files/u9/AnexoIIIform.pdf
- 5 fotos recentes tamaño carné. (Poñer por detrás o nome)
- Fotocopias dos DNI nai/pai/titor ou representante (s) legal.
- Volante histórico de convivencia (solicitar no Padrón municipal).
- Fotocopia del libro de familia (todas as páxinas escritas). No caso de non presentalo no momento da admisión.
- Fotocopia da cartilla ou tarxeta da Seguridade Social do alumno.
- Informe médico cando padezan algunha situación especial de saúde: enfermidade crónica, alerxia a algún alimento ou medicamento ...
- Certificado de matrícula no 2023/24 cando veñan doutro centro.
- Só se se dera o caso: Documento Custodia Legal, Sentencia e Convenio regulador).
- Só se se dera o caso: Fotocopia Certificado de minusvalía.
Non fai falta volver a achegar a documentación entregada durante o proceso de admisión.
Para calquera dúbida ao respecto do proceso de matrícula pode consultala no centro ou ben empregando as seguintes vías de contacto:
@email: ceip.xunqueira2@edu.xunta.gal Teléfono: 886 159 073
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Anexo III.pdf | 427.05 KB |