O Concello de Narón está a levar a cabo este curso 2023/2024 un proxecto co obxectivo principal de dotar a poboación de menores do Concello e as súas familias das ferramentas necesarias para evitar condutas adictivas relacionadas co uso das novas tecnoloxías.

 

Para rematar o trimestre, tivemos no noso cole a Emilio, da Escola de Esgrima Tres Armas de Ferrol.

Descubriunos o manexo do florete e desfrutamos dos asaltos. Quen sabe se temos algún ou algunha experta tiradora entre nos!

Grazas, Emilio!

Visita da Escola de Esgrima Tres Armas de Ferrol

As nenas e nenos de 5º curso participaron no V Concurso de educación viaria baixo onome de Rotuladores Permanentes.

 
 
V Concurso de educación viaria

Con obxecto de conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o noso alumnado estivo a traballar valores de igualdade, corresponsabilidade... a través do cine.

8M - TRABALLAMOS A TRAVÉS DO CINE
Tags:

O luns e martes 26 e 27 de febreiro, o alumnado de Primaria acudiu á biblioteca para participar nos obradoiros de Ciencia en Movemento.

Suso explicounos un feixe de cousas interesantísimas sobre os parques naturais de Galicia: desde a elaboración de mapas, pasando polas peculiaridades da flora e a fauna que habita estes parques e rematando con algúns consellos para evitar incendios forestais.

Ciencia en Movemento - Parques Naturais de Galicia

Dende o noso centro volveremos colaborar coa fundación Uno entre cien mil, que ten como obxectivo recadar fondos para investigar a leucemia infantil e chegar algún día á curación total desta enfermidade. Por iso o día 1 de marzo imos participar na actividade que nos propoñen “La vuelta al cole contra la leucemia infantil”.

Distribuir contido