O venres 15 de decembro recibimos dúas visitas moi especiais.
A primeira foi a dun grupo de docentes procedentes de Turquía, que están a coñecer de primera man o traballo que se realiza na cidade en materia de Educación Viaria e tamén a labor que se leva a cabo cada día nos centros de ensino, entre eles o noso.
A segunda foi a dos bombeiros do SPEIS de Narón, para impartir un obradoiro de prevención de incendios. Primeiro déronnos unha clase teórica sobre como extinguir pequenos lumes no fogar para, despois, facer prácticas no manexo de extintores.