Como ven sendo habitual nos últimos anos, á volta das vacacións de Nadal, os nosos nenos e nenas atopáronse cuns agasallos debaixo da árbore. Temos que agradecer a es "familia anónima" que fai posible que todos os anos os  nosos pequenos e pequenas teñan esta sorpresa.

Como xa é tradición, recibimos a visita do Apalpador

 As nenas e nenos de 4º de Primaria fixeron de fantásticos narradores de contos aos máis pequenos do cole para achegar a figura do Apalpador .

O venres 15 de decembro recibimos dúas visitas moi especiais.

A primeira foi a dun grupo de docentes procedentes de Turquía, que están a coñecer de primera man o traballo que se realiza na cidade en materia de Educación Viaria  e tamén a labor que se leva a cabo cada día nos centros de ensino, entre eles o noso.

A segunda foi a dos bombeiros do SPEIS de Narón, para impartir un obradoiro de prevención de incendios. Primeiro déronnos unha clase teórica sobre como extinguir pequenos lumes no fogar para, despois, facer prácticas no manexo de extintores.

Visita dos profes de Turquía e dos bombeiros do SPEIS de Narón

MENÚ ESPECIAL NAVIDAD

1º PLATO: xudías con allada

Distribuir contido