O pasado 2 de abril celebramos o Día das Artes Galegas e, xa que estamos a traballar o cine no cole, que mellor que ver unha película 100% galega: VALENTINA.
Con obxecto de conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o noso alumnado estivo a traballar valores de igualdade, corresponsabilidade... a través do cine.
O 2 de maio conmemoramos o Día Internacional contra o Acoso Escolar. Para celebralo, ademais de tratar o tema nas aulas, decoramos as ventas con frases e debuxos contra o acoso e fixemos un vídeo.
O vindeiro 23 de abril celébrase o Día do Libro e , como todos os anos estaremos inmersos en varias actividades para conmemoralo. O venres 21 teremos os apadriñamentos lectores e o luns a seguinte actividade a que vos convidamos a participar.