Conmemoracións

O venres 29 de xaneiro celebramos no colexio o Día da Paz e, xa que estamos a traballar sobre as olimpiadas, aproveitamos para formar un símbolo que representa a colaboración e concordia entre os pobos: OS AROS OLÍMPICOS.

 

Día da Paz 2016

O 25 de novembro conmemoramos no colexio o Día Mundial contra a Violencia de Xénero, baixo o lema "OLA IGUALDADE"

Durante toda a semana estivemos a ler contos e analizar os roles sexistas que neles atopamos, visionando vídeos e educando aos nosos alumnos e alumnas na igualdade e no respeto aos demáis.

Con todo o traballado, fixemos unha exposición. Estes foron algúns dos traballos realizados.

Ola Igualdade

O venres 20 de novembro conmemoramos o Día Internacional da Infancia, en honor da aprobación da Declaración dos Dereitos do Neno.

O obxectivo deste día é recordar á cidadanía que os nenos son o colectivo máis vulnerable e, por tanto, o que máis sufre cos problemas que existen no mundo.

Ademáis, facemos ver ao noso alumnado a importancia que teñen os seus dereitos e a necesidade de loitar para garantir que se respenten en todos os lugares do planeta.

Dereitos do Neno
Distribuir contido