As nenas e nenos de 4º de Primaria fixeron de fantásticos narradores de contos aos máis pequenos do cole para achegar a figura do Apalpador .

O venres 15 de decembro recibimos dúas visitas moi especiais.

A primeira foi a dun grupo de docentes procedentes de Turquía, que están a coñecer de primera man o traballo que se realiza na cidade en materia de Educación Viaria  e tamén a labor que se leva a cabo cada día nos centros de ensino, entre eles o noso.

A segunda foi a dos bombeiros do SPEIS de Narón, para impartir un obradoiro de prevención de incendios. Primeiro déronnos unha clase teórica sobre como extinguir pequenos lumes no fogar para, despois, facer prácticas no manexo de extintores.

Visita dos profes de Turquía e dos bombeiros do SPEIS de Narón

MENÚ ESPECIAL NAVIDAD

1º PLATO: xudías con allada

O día 3 de decembro conmemorouse o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

Desde Educación Física programamos unhas sesións nas que o alumnado experimentou a discapacidade visual. Recuperamos un xogo tradicional como a "pita cega" e o goalball, un deporte adaptado a esta discapacidade.

Pasámolo moi ben e "abrimos os ollos" a novas realidades.

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

O alumnado de 5º e 6º de Primaria participou nun obradoiro de alimentación saudable no que aprenderon a elaborar un menú equilibrado, a analizar as etiquetas dos alimentos procesados e descartar os menos saudables.

Para rematar este obradoiro, elaboraron unha merenda saudable.

OBRADOIRO DE NUTRICIÓN 5º E 6º DE PRIMARIA
Distribuir contido