Dende o noso centro volveremos colaborar coa fundación Uno entre cien mil, que ten como obxectivo recadar fondos para investigar a leucemia infantil e chegar algún día á curación total desta enfermidade. Por iso o día 1 de marzo imos participar na actividade que nos propoñen “La vuelta al cole contra la leucemia infantil”.
Cada alumno/a terá o seu dorsal solidario e poderá facer a súa aportación de mínimo 1 € que será entregado ás titoras e elas encargaranse de depositalo na furna, destinada para tal fin, co seu alumando. Aquelas familias que queirades participar na carreira poderedes facer a vosa aportación (aparte da dos nenos e nenas) ese mesmo día. Haberá dorsais dispoñibles, ata agotarse, na conserxería do centro.
Ás 12:15 horas dará comezo a carreira, que se organizará por cursos. Cada pai/nai/familiar correrá co curso do seu fillo ou filla. Recordade que é unha carreira non competitiva. Haberá diferentes distancias según a idade dos nenos e nenas, tal e como fixemos na carreira pola paz, sendo os mesmos recorridos que nesta última. As familias esperaredes pola Rúa Illas Cíes a que de comezo a carreira, salvo en caso de choiva que trasladaremos a carreira ao patio cuberto.
Contamos coa vosa colaboración e poder facer a nosa pequena aportación para un fin solidario . Xuntos conseguirémolo!!!!