Skip to Content

DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro celebramos o día da PAZ cun sinxelo acto que rematamos cantando e bailando coa canción de Álvaro Soler e Jennifer López titulada BAJO EL MISMO SOL.

 

FESTIVAL DE NADAL

O venres 20 de decembro celebramos no noso cole un festival de Nadal. Participamos todos cantando, interpretando e bailando diferentes panxoliñas. Viñeron moitos pais, nais, avós, tíos, tías ... a vernos. Pasámolo moi ben.

 

S.S. M.M. REIS MAGOS DE ORIENTE

O 19 de decembro viñeron ao noso cole S.S. M.M. os Reis Magos de Oriente (Melchor, Gaspar e Baltasar) para recoller as nosas cartas.

 

BO NADAL

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

POSTAL formato pdf

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O luns, 25 de novembro, celebramos no colexio o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

O alumnado de 6º de Ed. Primaria fixo unha exposición brillante explicando por qué se elixiu o 25 de novembro para esta celebración. Rematou a exposición cunha serie de preguntas por parte do resto do alumnado.

Despois de reflexionar sobre este tema, e de inculcar no alumnado a necesidade de erradicar a violencia en xeral, rematamos o acto cantando a canción "La Puerta Violeta" de Rozalén, interpretando o estribillo con linguaxe de signos.

Distribuir contido


by Dr. Radut