Skip to Content

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O luns, 25 de novembro, celebramos no colexio o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

O alumnado de 6º de Ed. Primaria fixo unha exposición brillante explicando por qué se elixiu o 25 de novembro para esta celebración. Rematou a exposición cunha serie de preguntas por parte do resto do alumnado.

Despois de reflexionar sobre este tema, e de inculcar no alumnado a necesidade de erradicar a violencia en xeral, rematamos o acto cantando a canción "La Puerta Violeta" de Rozalén, interpretando o estribillo con linguaxe de signos.



page | by Dr. Radut