Publicada no DOG do 20 de maio de 2024 a convocatoria da ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria para o curso escolar 2024/25.
AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO
Para o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria. As axudas poden ser:
240€, se a renda per cápita familiar é igual ou inferior a 6.000€.
160€, se a renda per cápita familiar é superior a 6.000€ e igual ou inferior a 10.000€.
AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR
Para todo o alumnado de Educación Primaria.
75€, se a renda per cápita é igual ou inferior a 6.000€ e alumnado
de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %.
60€, se a renda per cápita é superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €.
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO
Para o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria. A cada alumno/a correspóndenlle:
6 libros, se a renda per cápita familiar é igual ou inferior a 6.000€ e alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %
4 libros, se a renda per cápita familiar é superior a 6.000€ e igual ou inferior a 10.000€
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Desde o 21 de maio ata o 21 de xuño de 2024( ambos inclusive)
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
* Anexo I e Anexo II da orde debidamente cumprimentados (modelo ED330B), que se pode descargar pinchado aquí.
* Libro de familia (orixinal e copia)
*En caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
* * Certificado do grao de discapacidade do alumno/a ou doutro membro da familia.
As solicitudes poden presentarse:
+No propio centro, en horario de 9:00 a 9:50h e de 13:10 a 14:00h
+ Por vía electrónica a través da aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros)
+ A través da sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal)
+ Poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, o sistema de usuario e Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365)
A solicitude será única para todos os fillos/as que estén admitidos no mesmo centro para o curso 2024/2025.No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación fondolibros será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno aínda que estean no mesmo centro.
DEVOLUCIÓN DE LIBROS DO FONDO LIBROS
O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria debe devolver os libros de texto que son do fondo libros, en bo estado, do 10 ao 14 de xuño.
De non ser devoltos, non haberá dereito a solicitar axudas para o vindeiro curso.
ENTREGA DE LIBROS PARA O PRÓXIMO CURSO
A entrega dos libros para o alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria, para o curso 2024/2025, realizarase en setembro.
LISTAS ADMITIDOS/AS E ENTREGA DE CHEQUES/VALES
Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, notificaremos as datas nas que se farán públicas as listas de admitidos/as, así como as datas nas que se entregarán os cheques de libros e vales de material escolar.