Skip to Content

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS PARA O VINDEIRO CURSO 2020/2021

O listado definitivo de admitidos/as non se pode facer público na  web, permanece nas dependencias do centro.

Están admitidas todas as solicitudes presentadas en prazo.

Recordamos que hai que formalizar a matrícula do   1 ao 10 de xullo.

Documentación para formalizar a matrícula:

Anexo III

3 fotos tamaño carnet

Fotocopia tarxeta sanitaria

Certificado médico conforme ten as vacinas ao día e non padece enfermidade que impida a súa escolarización.

1º EDICIÓN DA REVISTA "AS VOCES DO VILA" Curso 2019/2020

A pesar de que este foi un curso estraño e difícil, co traballo de toda a comunidade educativa, e o esforzo do EDLG, sae á luz "As voces do Vila", a primeira revista do noso centro que reflexa algunhas actividades levadas a cabo durante este curso escolar, tanto de maneira presencial como no confinamento. Esperamos que vos guste.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS/AS PARA O CURSO 2020/2021

 

Detectouse unha duplicidade en dous alumnos, polo que teñen que pasar á escolarización subsidiaria, a pesar de que hai praza para eles.

 

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS/AS PARA O CURSO 2020/2021

 

Está admitido todo o alumnado que solicitou praza neste centro nos prazos establecidos.

O listado non se pode facer público na  web, permanece nas dependencias do centro.

Recordamos que hai que formalizar a matrícula do   1 ao 10 de xullo.

Documentación para formalizar a matrícula:

Anexo III

3 fotos tamaño carnet

Fotocopia tarxeta sanitaria

Certificado médico conforme ten as vacinas ao día e non padece enfermidade que impida a súa escolarización.

INFORMACIÓN MATRÍCULA NO I.E.S. REGO DE TRABE

Este ano o proceso de matriculación terá unha fase online e outra de entrega de impresos, como xa foi o ano pasado. 

Agradecería que enviasen ás familias do alumnado de 6º de Educación Primaria a información que segue, para que lles sirva de orientación e para poder acceder ao formulario de matrícula. Para isto, utilicen os medios telemáticos que estean afeitos a empregar (AbalarMobil, correo electrónico,...).

O prazo para cubrir e enviar online este formulario empeza mañá e remata o martes 2 de xuño. Unha vez teñamos os impresos de matrícula personalizados, farémolos chegar a cada centro para que as familias os recollan xunto cos boletíns de notas ou calquera outra documentación que lles teñan que entregar.

Nas seguintes ligazóns poderán acceder a:
 

Distribuir contido


by Dr. Radut