Skip to Content

FESTA DE ENTROIDO

O venres, 21 de febreiro, tivemos unha merenda colectiva de productos típicos destas datas grazas á colaboración das familias.

Os nenos e as nenas disfrutaron desta merenda antes de saír  ao patio e prepararse para o festival.

   

FESTIVAL DO ENTROIDO

O Vila de Rutis segue a súa viaxe polo mundo.

O venres, 21 de febreiro, todo o alumnado representaba co seu disfraz o país ou continente no que se atopaba e adicou unha actuación a todos os  presentes.

O noso agradecemento ás familias pola súa asistencia.

 

ENTROIDO

O xoves, 20 de febreiro, recibimos a visita de Jose e Aida, dous mozos de Verín que nos explicaron ao detalle as partes do traxe  dun Cigarrón, a súa elaboración e como sae polas rúas facendo moito ruído coas chocas.

Poidemos ver que estes traxes son unha verdadeira obra de arte e que hai que estar moi preparados para saber levalos. Moitas grazas aos dous.

 

PLANTACIÓN NO COLEXIO

O mércores, 19 de febreiro, a ANPA demostrou, unha vez máis, a súa implicación e colaboración nas actividades do centro. Coa súa axuda, realizamos unha plantación de carballos no recinto escolar, fomentando no alumnado o seu coidado.

 

 

O TOUR DE FRANCIA NO VILA DE RUTIS

O venres 7 de febreiro, o alumnado de 4 anos da clase da profe Uxía, levaron a cabo unha actividade do seu proxecto: O TOUR DE FRANCIA.

O alumnado de todo o centro  acompañámolos e animámolos.

Foi unha actividade tan importante que ata mesmo saímos nas noticias da televisión de Galicia. Podedes velo aquí.

 

O TOUR DE FRANCIA NO VILA DE RUTIS

DANDO A VOLTA AO MUNDO, O ALUMNADO DE ED. INFANTIL DE 4 ANOS, ANDA POR FRANCIA. DESCUBRIRON QUE ALÍ CELÉBRASE UNHA IMPORTANTE CARREIRA CICLISTA, O TOUR DE FRANCIA.

DECIDIRON CELEBRALA NO PATIO DO COLEXIO O VINDEIRO VENRES. E COMO NON, A RADIO INTERESOUSE POLO TOUR E FIXERON UNHA ENTREVISTA Á PROFE. PODEDES ESCOITALA AQUÍ.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut