Skip to Content

Información

Comunicación sobre a recomendación do uso de máscaras nos patios dos centros

O subcomité clínico adoptou a decisión de deixar de recomendar o uso das máscaras nos patios dos colexios a partir do VINDEIRO LUNS, 21 DE MARZO DE 2022, logo de avaliar a situación epidemiolóxica e atendendo a grande porcentaxe de poboación pediátrica vacinada, cun 73,5% dos nenos con polo menos unha dose, o que significa 21 puntos por riba da media do Sistema Nacional de Saúde.

Isto significa que todo aquel alumnado que queira, poderá gardar a súa máscara nunha bolsa ou caixa durante o tempo de lecer, e deberá respectar a distancia de seguridade. Ao rematar o recreo e antes de subir ás aulas deberá colocarse de novo a máscara. Todo o alumnado deberá traer máscara de reposto e un estoxo para gardala.

O feito de que a Consellería deixe de recomendar o seu uso, non implica que todo aquel alumnado que así o desexe poida seguir facendo uso dela tanto nos espazos pechados (que sigue sendo obrigatorio) como nos espazos abertos (de uso voluntario a partir do luns)

Durante as clases de Educación Física será a mestra especialista quen determine en que circunstancias é obrigatorio o uso da máscara.

ACLARACIÓNS RESPECTO AO PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID NA ETAPA DE EDUCACIÓN INFANTIL

Estimadas familias,

Ante as dúbidas xurdidas por parte dalgunhas familias após a reunión de infantil o pasado 13 de setembro cómpre clarificar o que establece o protocolo que emana da consellería e que o propio centro elabora e adapta.  

Situación COVID-19 CEIP das Vendas da Barreira

INFORMACIÓN IMPORTANTE

O centro informará as familias da clase ou clases afectadas cando haxa un caso positivo no centro a través da aplicación AbalarMóbil. É imprescindible que tódalas familias teñan descargada a devandita aplicación para recibir todas as comunicacións e notificacións do centro.

Será Sanidade quen informará aos contactos directos do tempo de corentena así como das medidas de precaución e da volta ás aulas.

É imprescindible que sexamos prudentes e responsables. Ninguén pode asistir ao centro con síntomas compatibles co COVID-19 así como os irmáns/irmás por pertencer ao núcleo familiar. Podedes revisalos na ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN.

Dende o centro estamos a seguir rigorosamente as instrucións que dende Educación e Sanidade nos van comunicado.

Lembrade: se non tedes síntomas, non saiades a buscalos e se os tedes, non saiades a repartilos.

Coidade de vós e dos vosos o máximo posible.

Distribuir contido


by Dr. Radut