A área recreativa do Aguillón na Rúa acolleu o sábado 11 de febreiro, a final provincial de campo a través de Xogade.
Estaban convocados máis de 600 participantes e aínda que os nosos clasificados Andrés, Hiba e Pablo non gañaron pasaron unha xornada deportiva moi agradable. Fixádevos ademais o guapos e guapa que estaban coas camisetas corporativas coas que os agasallou o centro!
Parabéns por participar e o noso agradecemento para Antía a mestra acompañante nesa xornada de sábado.