Listaxe provisional de admitidos no fondo solidario de libros de texto

A listaxe provisional de admitidos no fondo solidario de libros de texto e de vales para material escolar xa está publicada.

As listaxes publicaranse no taboleiro de enuncios do centro. Quen realizou a solicitude a través da Chave 365 ou certificado dixital poderán consultalas telemáticamente co código da solicitude.

O período de reclamación é de 2 día hábiles seguintes ao da publicación ( 8 e 9 de xullo). A listaxe definitiva sairá o 10 de xullo.

Non podemos facilitar información teléfonica pola lei de Protección de Datos ( art. 13).

Xuntanza familias 4º de Educación Infantil

O luns 1 de xullo ás 12:00h terá lugar unha xuntanza para tratar temas de interese coas familias dos alumnos e alumnas que comezarán o vindeiro curso por primeira vez no noso colexio.

Aquelas familias que non poidan vir, poderán pasar polo centro a recoller unhas informacións de cara ao verán.

Revista BIOTOPO

Revista de saúde, medioambiente, ecoloxía, natureza, igualdade, Paz...

  • Por que Biotopo?

Biotopo foi un colectivo que fundaron nen@s nos anos 80 en Oleiros.

Desde 1983 a 1993, Biotopo editou boletíns, convocou asembleas, organizou excursións por Galicia e por Europa, loitou contra as mareas negras, contra as nucleares ou en defensa dos lobos...

A pegada desta asociación ecoloxista segue viva e a súa continuidade está asegurada porque esta xeración Biotopo deulle o relevo @s sú@s fill@s.

Dende o CEIP VALLE INCLÁN queremos contribuír a aquela escola de convivencia ambiental e de valores publicando periodicamente unha revista que recolla as nosas inquedanzas, artigos escritos polo alumnado sobre temas que lles interesan ou preocupan, actividades e saídas realizadas ...

Esta revista foi realizada cos traballos do alumnado que agora remata 6º . Grazas a todos e todas!

Libros de texto 2024-2025

Documentación para formalizar matrícula

1. Documento de formalización de matrícula

2. Dúas fotografías tamaño carné ( recortadas e co nome por detrás)

3. Fotocopia da tarxeta sanitaria e DNI do/a alumno/a

4. Certificado médico ou fotocopia da cartilla de vacinas ( se non vai especificado no certificado)

5. Impreso de teléfonos de contacto

6. Cuestionario sobre a lingua materna ( só para o alumnado de 4º de EI)

7. Outra documentación ( certificado de matrícula centro de orixe ( no caso de proceder doutro centro), solicitude e autorizacións transporte escolar, sentenza de separación ou divorcio...

Revista Eduga nº 87

Hoxe, sentimos orgullosos e orgullosas de anunciar que o noso colexio foi destacado na revista Eduga, unha publicación que difunde experiencias innovadoras e exitosas no ámbito educativo. No seu número 87, Eduga publicou un artigo sobre o noso proxecto de televisión escolar, que foi posible grazas ao esforzo e dedicación do noso alumnado, profesores e persoal.

No artigo, destácase a importancia da educación en valores e habilidades para o século XXI, e como o noso proxecto de televisión escolar permitiu aos nosos alumnos e alumnas desenvolver habilidades como a comunicación, a creatividade e a resolución de problemas. Tamén se destaca a colaboración e a implicación da comunidade escolar no proxecto.

Estamos moi orgullosos de recibir este recoñecemento e sentímonos agradecidos pola oportunidade de compartir a nosa experiencia con outros colexios e docentes. 

Esperamos que este proxecto siga inspirando ao noso alumnado e á comunidade educativa en xeral!

Orgullosos de todos eles.

Podes atopar o artigo completo na revista Eduga.

Campamento de Ciencia

Emisión 45

A información que necesitas, nun só lugar!

Non te perdas esta oportunidade de estar ao tanto do que sucede no colexio e de estar conectado coa nosa comunidade educativa! Goza desta nova emisión do Telexornal Escolar e descobre o que sucede no noso colexio!

Distribuir contido

Back to top