As novas de CHARLIE
Posted Outubro 10th, 2023 by Miguel“Un cole de conto” é o proxecto da biblioteca para este curso que comeza cargadiño de novidades.
Dalle ao Play para enterarte de todas as novas que nos contan Charlie e os seus amigos.
Carreira ENKI
Posted Septembro 19th, 2023 by AnónimoEstimadas familias:
Este ano, o noso colexio vai participar na carreira ENKI a favor da inclusividade das persoas con mobilidade reducida e para isto precisamos da vosa colaboración.
Cando participas na “ Carrera ENKI” no só estás a pasalo ben , tamén convives coa inclusión e axudas a visibilizala. Ademais, a túa aportación será destinada o 100% a proxectos inclusivos relacionados co ocio e co deporte, para que todo o mundo teña a oportunidade de vivilo.
Animámosvos a participar con nós na carreira, que terá lugar o sábado 21 de outubro ás 16:00h.
Que teño que facer para conseguir o meu dorsal?
Achegarme ao cole en horario de 09:00 a 10:00h ou de 13:15 a 14:00h de luns a venres para inscribir ás persoas da miña familia que imos participar na carreira e pagar os dorsais.
Canto custan os dorsais?
O prezo xeral de cada dorsal é 8 euros.
Os menores de 10 anos e persoas con discapacidade pagarán 6 euros.
Para facer a inscrición é imprescindible pagar nese mesmo momento os dorsais que queirades reservar.
Ata cando podo apuntarme?
Dende mañá mércores 20 de setembro ata o mércores 12 de outubro. A partires do 12 de outubro formalizaremos as inscricións coa Asociación ENKI e enviarannos os dorsais ao colexio. Xa vos informaremos de como se fará a recollida.
Como teño que ir vestido?
Unha das característica que fan que esta carreira sexa única e moi divertida é que os grupos de participantes teñen que levar un disfrace común. E por iso nós iremos de súper heroes e súper heroínas.
Non é preciso mercar ningún disfrace nin ir todos iguais. Cada quen pode fomentar a súa imaxinación e creatividade.
Cambio na data da reunión coas familias de 5º EP.
Posted Septembro 11th, 2023 by AnónimoPor mor de incompatibilidade horaria temos que cambiar a data da reunión coas familias de 5º de primaria.
A xuntanza terá lugar na biblioteca o martes 26 ás 16:00h.
Desculpen as molestias.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »