Solicitude de libros e material escolar vindeiro curso 23-24
Posted Maio 19th, 2023 by AnónimoORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24.
EXTRACTO da Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24.
O prazo de presentación de solicitudes vai desde o 20 de maio ata o 21 de xuño incluído.
O alumnado de 6º de Educación Primaria que pasa a 1º da ESO deberá presentar a solicitude no IES onde estea admitido para o vindeiro curso 2023-2024. Se aínda non sabedes o Centro de destino tedes que presentalo aquí no CEIP Ramón Mª del Valle Inclán.
Poderá presentarse na secretaría do centro en horario de 9:15 a 13:30h, así como os luns en horario de 16:00 a 18:00h. A documentación a presentar é a seguinte:
- Unha única solicitude por familia (ANEXO I e II) incluíndo todos os fillos e fillas matriculados no Centro.
Documentación necesaria para xustificar o alegado na solicitude (orixinal e fotocopia): Libro de familia ou documento equivalente. En caso de separación ou divorcio, sentencia xudicial ou convenio regulador.
DATAS IMPORTANTES:
- Publicación listaxes provisionais: 12 de xullo de 2023.
- Reclamación ás listaxes provisionais : 2 días hábiles seguintes á publicación da listaxe provisional.
- Publicación listaxes definitivas:26 xullo.
Enlace para acceder a aplicación
Emisión nº23
Posted Maio 14th, 2023 by MiguelÁs portas do día das Letras Galegas e coa longa ponte por diante, dende a TV-inclán, seleccionamos as mellores novas para que as saboreedes ao longo destes días. Desfrutadeas!
INSTRUCIÓN 2/2023 DA DIRECCIÓN XERAL DE ORDENACIÓN E INNOVACIÓN EDUCATIVA
Posted Maio 11th, 2023 by AnónimoEsta instrución precisa aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas para o curso 22-23.
Tedes toda a información dispoñible e completa no seguinte enlace:
AXUDAS DO MINISTERIO PARA O ALUMNADO NEAE
Posted Maio 11th, 2023 by Anónimo
Xa está publicada a convocatoria para o curso 2023/2024 das axudas do Ministerio de Educación e Formación Profesional para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
O prazo de presentación remata o 20 de setembro de 2023.
Tedes toda a información na páxina web do Ministerio:
https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html
e no BOE:
https://boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-B-2023-12318
Emisión nº22
Posted Maio 6th, 2023 by AnónimoQueridos televidentes, na edición de hoxe, previa ao día da Nai; ademáis das novas avituais dos nosos xornalistas, non perdades a entrevista que fixemos a Artai, gañador do concurso: !Debuxa unha xoia para a túa Nai!.
Desfrutádeo!
Programa ESPAZO EDUCA_Creando Pontes
Posted Maio 4th, 2023 by AnónimoO CFR de A Coruña organiza dentro do programa ESPAZO EDUCA_Creando Pontes unha charla informativa para as familias sobre un tema moi solicitado e que preocupa sen dúbida ás comunidades educativas: Os riscos da pornografía nas redes.
Trátase dunha charla en formato virtual, que terá lugar o mércores, 10 de maio de 2023 ás 18.00 horas.
Non fai falta inscribirse. Podedes acceder a ela dende esta ligazón:
Emisión nº21
Posted Abril 29th, 2023 by AnónimoDeixámosvos unha nova edición do noso telexornal, chea de novas.
Nesta ocasión temos o enorme pracer de felicitar a unha das nosas reporteiras, pois está a celebrar o seu aniversario.
Queremos desexarlle un día cheo de alegría, diversión e moitos agasallos.
Parabéns de parte de todo o equipo de TV-Inclán. Que teñas un gran día cheo de felicidade e momentos inesquecibles!
Emisión nº20
Posted Abril 22nd, 2023 by AnónimoQueridos televidentes do TV-Inclán. Presentámovos a 20° edición do noso Telexornal. Desexamos que vos guste, poidades quedar ben informados e que as novas sexan do voso interese.
O Equipo de Edición.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »