Emisión nº43

Estás preparado para unha nova aventura informativa?

Apaixónache estar ao día con todo o que sucede no noso cole?

O equipo dá TV-Inclán comprácese en anunciar a chegada dunha nova edición do Telexornal Escolar, a túa dose semanal de noticias e entretemento! 

Solicitude para agrupamento de irmáns curso 2024-2025

Lembramos que as familias que desexen que os seus fillos e fillas irmáns sexan escolarizados nunha mesma aula teñen que solicitalo expresamente na secretaría do Centro asinando o impreso pertinente. Esta opción soamente é posible no cambio de ciclo e terá a vixencia do ciclo, non sendo posible o cambio na metade do mesmo.

De non solicitalo expresamente, os irmáns serán escolarizados/as en diferente clase, seguindo os criterios que figuran no Plan de Atención á Diversidade para a formación de grupos.

O prazo para solicitalo é o mes de xuño.

Fondo libros, axudas libros e axudas material escolar.

Aberto o prazo para a solicitude na participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar. O prazo é ata o 21 de xuño incluído.

As solicitudes poderán presentarse:

  • Presencialmente no centro en horario de 09:00 a 14:00h e luns de 16:00 a 18:00h.
  • Presentación electrónica mediante a sede electrónica da Xunta.

Os beneficiarios do Fondo de libros de texto é o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria (xa que 5º e 6º de EP teñen Edixgal).

As axudas para a adquisición de material escolar son para todo o alumnado de Educación primaria.

A documentación que hai que presentar é a seguinte:

  1. Solicitude (Anexo 1)
  2. Anexo  II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar)
  3. Copia do libro de familia ou documento equivalente (onde figure o/a alumno/a e os demais membros da unidade familiar)
  4. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar sentenza xudicial ou convenio regulador.

Comunicación sobre a instalación de Puntos ARCOIRIS e realización de obradoiros para a prevención de violencias LGTBOFÓBICAS nos centros de ensino municipais.

Como cada ano, o Concello de Oleiros quere facer explícito o seu compromiso en seguir traballando en prol dun municipio libre de violencias machistas, entendendo que o recoñecemento da diversidade sexual e de xénero e a erradicación das violencias LGTBIfóbicas son imprescindibles para acadar unha sociedade verdadeiramente xusta, libre, igualitaria e democrática.

Por este motivo, desde o Servizo de Asistencia Técnica de Igualdade do Concello de Oleiros (SATICO) realizaranse actividades de sensibilización co alumnado dos centros educativos para a conmemoración do 17 de Maio de 2024, Día Internacional contra a LGTBIfobia. Nesta liña, o Concello de Oleiros instalará, entre o 9 e o 23 de maio, nos centros de ensino municipal un Punto Arcoiris.

Os Puntos Arcoiris son puntos de información, sensibilización e atención para a inclusión da diversidade sexual e de xénero, e para a prevención, detección e actuación fronte as violencias LGTBIfóbicas, conformados por un equipo de profesionais en materia de xénero, diversidade e violencias. Destes estes Puntos proporcionaráselle o alumnado información sobre os diferentes tipos de violencias; os recursos e servizos especializados na materia, e sobre temas de interese e preocupación en materia de diversidade que eles e elas mesmas queiran expor.

Paralelamente á instalación dos Puntos Arcoiris realizaranse obradoiros participativos co alumnado arredor das violencias LGTBIfóbicas e a diversidade sexual e de xénero, co obxectivo de reflexionar arredor de ditas violencias e darlle visibilidade ás vivencias e realidades das persoas LGTBIQA+.

O SATICO é un servizo aberto e participativo, de asesoramento e sensibilización dirixido a toda a cidadanía, a través do cal dáselle resposta a calquera dúbida, necesidade ou problemática en materia de xénero, igualdade, diversidade e violencias machistas, traballando tanto coa poboación a título individual como cos e coas profesionais, colectivos, asociacións e entidades do tecido asociativo, empresas, centros de ensino, clubs deportivos e demais axentes sociais, culturais, educativos, políticos e empresariais presentes nos municipio.

Emisión nº42

Estamos emocionados de anunciar que a nosa nova emisión do Telexornal Escolar xa está aquí! Neste episodio, os nosos presentadores e presentadoras tráenche as últimas novas sobre o que está a pasar no mundo escolar. 

Descobre que sucede no colexio, na cidade e no mundo! 

Non perdas esta oportunidade de estar ao día do que máis importa para ti. 

Imos aló!


Tes algunha nova de interese que queiras que emitamos no noso telexornal? Escríbenos facendo CLIC AQUÍ!

Día do Libro 2024

Lecturas compartidas e exposición fotográfica “Bookface” foron as dúas maneiras de conmemorar este ano o Día Internacional do Libro no noso colexio. 

Grazas as familias pola vosa participación e  creatividade e… a seguir gozando das lecturas! 

Velaquí unha mostra das actividades que levamos a cabo. 

Convocatoria de axudas para alumnado con necesidade de apoio educativo para o curso académico 2024-2025.

Con data do 12 de abril de 2024 publicouse o extracto da Resolución da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2024/25, o texto completo pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvenciones https://www.becaseducacion.gob.es/normativa/c/normativa.html

Toda a información en: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html

As solicitudes débense cumplimentar mediante formulario accesible por internet na dirección www.educacionyfp.gob.es ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional na dirección https://sede.educacion.gob.es

O prazo de presentación de solicitudes extenderáse dende o día 30 de abril de 2024 ata o día 13 de setembro de 2024, ambos inclusive. 

+COMO NOVIDADE ESTE CURSO O GRADO MÍNIMO REQUERIDO DE DISCAPACIDADE É DO 25%.

Emisión nº41

Es unha alumna ou alumno curioso e queres estar ao día do que pasa no teu colexio? Entón non te perdas a nova emisión do Telexornal Escolar!

Nesta edición, o noso equipo de reporteiros e reporteiras estivo investigando as últimas noticias e eventos que afectan á nosa comunidade escolar. Traemos reportaxes en profundidade sobre temas que che interesan.

E moito máis!

Distribuir contido

Back to top