Estamos de volta co Telexornal Escolar!

Comprácenos anunciar que este xoves, 10 de outubro, realizaremos unha nova gravación do noso Telexornal Escolar, cunha renovación moi especial. Esta vez, contaremos con novos e novas presentadores/as que están cheos/as de enerxía e entusiasmo para continuar co traballo que tantos éxitos deunos nos anos anteriores.

Os/as presentadores/as que nos acompañaron nas edicións pasadas, deron o salto ao instituto, pero non vos preocupedes, xa estamos listos para mantervos informados de todo o que ocorre no colexio, o concello e a nosa comunidade.

Non volo perdades! En breve compartiremos máis información sobre a emisión desta nova edición.

Estade atentos!

Grazas por seguir formando parte deste proxecto tan emocionante!

Casting TV-Inclán

    

Achégase un dos momentos máis emocionantes do ano no noso colexio: o casting para elixir aos novos presentadores e presentadoras do noso telexornal escolar!

Como cada ano, buscamos a mozos e mozas entusiastas, con ganas de comunicar, divertirse e aprender a ser a cara visible do noso programa de noticias escolares. Os presentadores anteriores xa se graduaron e nos deixaron un gran legado, pero agora é a túa oportunidade de brillar!

Gustaríache ser ti quen informe a toda a escola das noticias máis importantes, curiosas e felices?

Proximamente anunciaremos a data e o lugar do casting, así que está atento ás novidades. Prepara o teu mellor sorriso, a túa enerxía e as túas ganas de contar historias, porque esta pode ser a túa gran oportunidade.

Esperámosche para que xuntos e xuntas fagamos deste ano o mellor telexornal escolar de todos!

  • O equipo de TV Inclán

Cambios transporte ( Ruta 3 e 1)


As paradas de Perillo-Citroen  (Ruta 1) e Avenida das Mariñas 307- Xardinova (Ruta 3) pasan a situarse na rotonda do Sol y Mar (nas paradas habilitadas).

Por outra banda, as paradas provisionais de Santa Cristina seguen de forma provisional na Avenida Che guevara ou no Hábitat (parada de taxis) ata novo aviso.

ORGANIZACIÓN DO 1º DÍA DE CLASE E DO CURSO 2024/2025 EN XERAL

Benvidos e benvidas a outro curso escolar:

ás 09:00h tocará a música e:

  • EI entra acompañado das familias polo portalón verde ata as portas de emerxencia da respectiva aula.
  • 1º, 2º e 3ºB EP, entran acompañados polas familias polo portalón verde ata o patio cuberto de EI. Aqui este alumnado organizarase en ringleiras segundo as listaxes dos grupos que estarán pegadas na parede.
  • 3ºC, 3ºA, 4ºEP e 3º ciclo (5º EP e 6º EP), entran polo portalón azul acompañados das familias. Na parede están as listaxes de todos os grupos.

Os alumnos/as serán recibidos polos titores/as correspondentes, que organizarán as filas xa no patio cuberto de EP, de xeito que entren ordeados ás aulas.

A partir dos mércores 11 os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6ºEP, xa non é necesario que fagan as filas no patio cuberto.

3ºB entrarça de primeiro, pois os 2ºEP e 1º EP fan filas.

PREPARADOS, LISTO, XA...ARRANCAMOS!!

MATERIAL ESCOLAR EP. CURSO 24-25

CALENDARIO DE XUNTAZAS INCIAIS COAS FAMILIAS. CURSO 2024-2025

Xuntanza coas familias de 4º de Educación Infantil

O mércores 4 de setembro ás 17:00h tera lugar en usos múltiples unha xuntanza coas familias do alumnado de 4º de Educación Infantil.

Listaxe provisional de admitidos no fondo solidario de libros de texto

A listaxe provisional de admitidos no fondo solidario de libros de texto e de vales para material escolar xa está publicada.

As listaxes publicaranse no taboleiro de enuncios do centro. Quen realizou a solicitude a través da Chave 365 ou certificado dixital poderán consultalas telemáticamente co código da solicitude.

O período de reclamación é de 2 día hábiles seguintes ao da publicación ( 8 e 9 de xullo). A listaxe definitiva sairá o 10 de xullo.

Non podemos facilitar información teléfonica pola lei de Protección de Datos ( art. 13).

Distribuir contido

Back to top