CONCEDIDA A SUBVENCIÓN DO CONCELLO
Posted Decembro 14th, 2015 by AnónimoQueremos agradecer, como en anos anteriores, a importante subvención recibida polo Concello, 10510 euros, para materiais didácticos de educación infantil e actividades didácticas e culturais (coidado do contorno, semana do libro, boletíns informativos, viaxes...).
O NOSO COLEXIO PARTICIPA NA INICIATIVA “A HORA DO CÓDIGO”
Posted Novembro 25th, 2015 by Miguel
Actualmente, coñécense evidencias científicas sobre os beneficios de aprender a programar, entre outros, maior capacidade de atención, máis autonomía, mellora no razoamento e na resolución de problemas... ademais do impacto positivo na creatividade e as respostas emocionais. É por este motivo que o CEIP Valle-Inclán na liña das diferentes innovacións educativas tecnolóxicas, participará, entre os días 9 e 15 de decembro, na iniciativa "a Hora do Código" que consiste en introducir aos alumnos de Educación Infantil e Primaria no ámbito da programación. |
|
AXUDAS MATERIAL ESCOLAR
Posted Novembro 11th, 2015 by AnónimoPublicada no Diario Oficial de Galicia a ORDE do 6 de novembro de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16 mediante a que se aproba unha segunda convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinada ao alumnado que non puidese acollerse ás axudas reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015, e a aquel que, tendo solicitada a axuda, resultase excluído por unha causa emendable.
O requisito é ter una renda per cápita familiar igual ou inferior a 5400 euros. Non poderá solicitar novamente esta axuda o alumnado que se acollese ás axudas para a adquisición de material escolar reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015 e reunise os requisitos establecidos nela, por ser válida a anterior solicitude. A Orde da convocatoria atópase no taboleiro de anuncios do Centro e facilítanse impresos de solicitude en conserxería. Unha vez cubertas, presentaranse en dirección ás 9.00 h. O prazo de presentación das solicitudes remata o 21 de novembro de 2015.
A dirección
TRANSPORTE
Posted Septembro 8th, 2015 by AnónimoA XEFATURA TERRITORIAL COMUNICOU VERBALMENTE TANTO Á ANPA COMO Á DIRECCIÓN DO CENTRO, QUE SE MANTEÑEN AS PARADAS DE O SEIXO-ITURRI E O SEIXO-BMW.
POLO DE AGORA NON HAI PRAZAS DE TRANSPORTE PROVISIONAL. CANDO SE PRODUZA ALGUNHA VACANTE AVISAREMOS PERSOALMENTE ÁS FAMILIAS.
TRANSPORTE ESCOLAR
Posted Septembro 6th, 2015 by AnónimoRogamos ás familias que ata o de agora fixeron uso do transporte escolar por dereito, avisen urxentemente en dirección se van a deixar de utilizado no curso 15-16, ben sexa na ida ou na volta, co fin de darlle este servizo ao maior número de nenos/as posible.
INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO DE 5º E 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL
Posted Septembro 4th, 2015 by AnónimoOS CAMBIOS DE AULA E TITORAS QUEDAN DO SEGUINTE XEITO:
CURSO 2014-15 |
CURSO 2015-16 |
TITORA |
4ºA: AULA VERMELLA |
5ºA: AULA AMARELA |
NURIA RODRÍGUEZ |
4ºB: AULA AMARELA |
5ºB: AULA AZUL |
MARI CARMEN VÁZQUEZ |
4ºC: AULA ROSA |
5ºC: AULA VERDE |
MARÍA MEIRAMA |
5ºA: AULA AZUL |
6ºA: AULA LARANXA |
ALBA PRESEDO |
5ºB: AULA VERDE |
6ºB: AULA LILA |
FLORA SANTÁS |
5ºC: AULA LARANXA |
6ºC: AULA MARRÓN |
ISABEL GONZÁLEZ |
LEMBRADE QUE A COR DA AULA É A COR DO LAZO QUE LEVAN NO MANDILÓN.
AS CLASES COMENZAN O DÍA 10 EN HORARIO COMPLETO: DE 9.00 A 14.00, AÍNDA QUE A SAÍDA COMENZA AS 13.50 H.
O COMEDOR E O TRANSPORTE FUNCIONARÁN DENDE O PRIMEIRO DÍA.
CONVOCADAS AS AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR CURSO 2015-16
Posted Septembro 3rd, 2015 by AnónimoORDE DE 25 DE AGOSTO DE 2015. DOG
ENTREGA DE SOLICITUDES NO DESPACHO DE DIRECCIÓN DE 9.00 A 10.00 H.
AS SOLICITUDES DEBERÁN VIR DEBIDAMENTE CUBERTAS E TRAER TODA A DOCUMENTACIÓN PERTINENTE (A MESMA QUE PARA AS AXUDAS DE LIBROS) XA FOTOCOPIADA.
NOVAS TRANSPORTE O SEIXO
Posted Agosto 31st, 2015 by AnónimoA CONSELLERÍA ELIMINOU AS PARADAS DE "O SEIXO-ITURRI" E "O SEIXO-BMW" DA RUTA 1 DO TRANSPORTE ESCOLAR.
ROGAMOS ÁS FAMILIAS QUE TEÑAN SOLICITADO O TRANSPORTE NESAS PARADAS SE POÑAN EN CONTACTO COA DIRECCIÓN DO CENTRO O ANTES POSIBLE.
ATENDERASE DE 9.00 A 10.00 NO DESPACHO DE DIRECCIÓN.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- 56
- 57
- 58
- 59
- seguinte ›
- última »