Blogues

I CONGRESO "Aliméntate ben"

O 3 e 4 de maio celebrouse o I Congreso Aliméntate ben no pazo de congresos de Santiago de Compostela. Unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en cooperación coa Consellería de Sanidade, coa Consellería do Mar, coa Consellería de Medio Rural e a Escola Galega de Consumo, e en colaboración con Sogama e a USC.

O día 3 de maio o noso proxecto, xunto con outros nove centros de infantil e primaria, foi seleccionado para participar e contar o que facemos entre todos/as no cole.

A experiencia foi marabillosa. Gustounos moito poder contarlle a compañeiros e compañeiras doutros centros, autoridades, e a quen pasara polo noso stand o proxecto de "Almorzos con xeito" que comezamos este ano en primaria, para continuar o bo labor que xa está instalado en Infantil.

Que o noso traballo sexa considerado para recibir un accesit ao mellor proxecto de infantil e primaria danos folgos para seguir traballando nesta liña. Esperemos que esta iniciativa continúe e teñamos a posibilidade de acudir ao II Congreso o vindeiro ano.

                                                                                            PARABÉNS PARA TOD@S!!!!!

ALDEA NOVA

Nenos e nenas de 2º de Educación Primaria foron de excursión a Aldea Nova. Alí aprenderon a coidar as plantas, os animais e fixeron diferentes obradoiros, como a elaboración de candeas. Aquí tedes unha mostra do ben que o pasaron!

 

GARDA CIVIL

Nenos e nenas do colexio asistiron a Gandarío á exhibición do traballo que realiza a Garda Civil. Alí viron, aprenderon e experimentaron cos distintos medios e recursos dos que dispoñen tanto a garda civil, protección civil,... para desenvolver o seu traballo.

 

 

ROTEIRO POR BETANZOS

Varios niveis do colexio fixeron un roteiro por Betanzos. Os nenos e nenas puideron coñecer un pouco máis o lugar onde vivimos e tamén se mergullaron na Idade Media da man dos técnicos de turismo do Concello. Moitas grazas!!

OS MAIOS

O día 30 de abril os nenos e nenas fixemos un maio con flores e verde traído da casa. 

celebración maios     maios

 

mais maios     maio

                                                          maios mais

 

Ver para Aprender: ni un caso más de fracaso escolar debido a una mala visión.

Campaña de concienciación e prevención de saúde visual infantil.Para máis información pinchar aquí: http://verparaaprender.es/

SEGUE A CARREIRA

Distribuir contido