Blogues

SEGUIMOS APRENDENDO SOBRE A IDADE MEDIA

Nenos e nenas de 1º Educación Primaria fumos de excursión á Fortaleza de San Paio de Narla e ao Mosteiro de Sobrado dos Monxes para seguir aprendendo cousas sobre a Idade Media.

XORNADA DE CONVIVENCIA COAS UNITARIAS DE COIRÓS

O venres os nenos e as nenas de 6º de Educación Infantil participaron nunha xornada de convivencia cos nenos e nenas das Escolas Unitarias de Coirós e Ois. Compartiron unha mañá chea de emoción e diversión. Despois das distintas presentacións, viron un espectáculo de monicreques, xogaron a distintos xogos medievais e sobre todo coviviron cos seus futuros compañeiros de cole!!

 

FOTOS DO ALUMNADO DE 5 ANOS

      AULA A MONTSE AULA B MARINA AULA C MARITA AULA D ANA R.   

          6ºA.Roteiro,Marcelle           6ºB.Roteiro, Marcelle        6ºC. Roteiro, Marcelle     6ºD.Roteiro, Marcelle

                                                                  

 

                        PREME NA IMAXE E NA LIGAZÓN PARA IR AOS ARQUIVOS

                        

 

TEATRO NO COLEXIO

 O grupo de teatro da Asociación "ABANCA", deleitounos cunha escenificación da obra "A festa no faiado", adaptación de María Victoria Moreno, a que se lle adica iste ano o día  das Letras Galegas.

                              

DANZAS GREMIAIS

Co motivo da  celebración da semana das LETRAS GALEGAS, viñeron ó colexio  nenos e nenas de Betanzos para deleitarnos cunhas  danzas gremiais.

                               

INTERCAMBIO BIBLIOTECA

Co motivo do día do libro celebramos un intercambio de libros fomentado pola biblioteca, os nenos/as que quixeron trouxeron un libro de seu para deixar e que outro neno o levase.

           

            

             

CIEC

Nenos e nenas de 6º de Educación Primaria visitaron as instalacións do CIEC. Aprenderon a utilizar unha das técnicas artísticas que alí empregan. Nesta ocasión, primeiro fixeron un debuxo nunha placa metálica coa axuda dun punzón. Despois pasaron o seu traballo por unha prensa con tinta onde quedou estampado o seu debuxo nun papel groso.

 

 CIEC on PhotoPeach

OBRADOIRO DE PANDEIRETAS

A semana pasada remataron os obradoiros de pandeiretas, tanto de iniciación coma de perfeccionamento. Aproveitando a véspera do día das Letras Galegas celebramos un mini concerto durante o recreo. Moitas grazas a todos e todas por participar, esperámosvos o curso que ven!

 

Se queredes ver e escoitar as cancións non dubidedes en pasarvos polo blogue ValesMusical.

XOGOS POPULARES

Co motivo das Letras Galegas tivemos unha sesión de xogos populares a cargo da asociación XANDOBELA.

       xogos populares

GANDARIO . CORPOS E FORZAS DE SEGURIDADE DO ESTADO

O día 10 de maio os nen@s de infantil foron a Gandarío visitar unha exposición dos corpos e forzas de seguridade do Estado.

                    

 

 

 

                                                  

Distribuir contido