Blogues

Ata sempre Pilar!

Pilar González, mestra de Pedagoxía Terapútica, membro deste DO desde hai xa moitos anos deixa a súa andaina como docente para disfrutar dunha merecida xibilación.

Os teus compañeiros e compañeiras e alumnado votarémoste en falta e desexámoste que sifrutes  de cada momento;  lembra que sempre formarás parte do Vales e  que agardamos as túas visitas. Moita sorte nesta nova etapa da  túa vida. Bicos!

MOITAS GRAZAS!!

Xa o dixen noutra ocasión... hai accións que chegan ao corazón, fannos moi felices e permanecen no noso recordo para sempre. O Premio Río Mandeo que otorgan os nenos e nenas das EEI de Fontelo -Ois e EEI de Coirós de Arriba é un deles. Moitísimas grazas a todos e a todas. A ilusión e alegría co que facedes todo fai que sexades aún máis grandes. Bicos.

ACTIVIDADES 5º

Nenos e nenas de 5º de Primaria coñeceron o proceso de elaboración do mel, na casa do mel de Arzúa e logo visitaron o mosteiro de Sobrado dos Monxes. Tamén participaron nunha xornada de convivencia e de xogos no campo dos Caneiros.

ACTIVIDADES 5º on PhotoPeach

SAÍDAS 6º PRIMARIA

Durante estes dous últimos meses o alumnado de 6º de Educación Primaria participou en varias actividades. Aquí vos deixamos unha mostra de dúas delas.

A visita ao Eroski, onde coñeceron o funcionamento do supermercado.

 

Un paseo polo Mandeo na Diana Cazadora, onde puideron descubrir a riqueza natural que agocha o noso río.

 

 

Un ano máis...ao cole dos maiores!!

O pasodo venres día 8 levouse a cabo unha xornada de xogos, amizade e diversión para coñecer o cole de Educación Primaria por parte  do alumnado de Educación Infantil que se incorpora á nova etapa educativa o vindeiro curso. A través das ensinanzas do "Principito" o alumnado foi coñecendo as instalacións do centro, ao seu profesorado e aos novos compañeiros e compañeiros cos que convivirán.

Benvid@s!!

 

Para ver as fotos pinchade aquí

ADORNOS FLORAIS

Os nenos e nenas de 1º de Primaria aprendemos a facer adornos florais con Josefina. Pinchade no enlace para ver o obradoiro.

 

http://ahortademero.blogspot.com/2018/06/aprendemos-crear-con-flores.html

CONVIENCIA PRIMARIA

Da man do Principiño, dalgúns dos profes de Primaria e do alumnado de !º de Educación Primaria, os nenos e nenas de 6º de Infantil e das unitarias de Areas, Viñas, Ois e Coirós coñeceron o cole de Primaria.

 

EXPOSICIÓN MEDIEVALES EN VOZ NATURA

O pasado fin de semana celebrouse a festa Voz Natura, na que o cole participou un ano máis. Se queredes ver o chula que quedou a Expo de MedieVales, pinchade aquí

http://ahortademero.blogspot.com/2018/06/exposicion-medievales-en-voz-natura.html

VIII Convivencia coas EEI de Coirós

Un ano máis, as Escolas de Educación Infantil do Concello de Coirós, convidaron ao alumnado de 6º EI do CEIP F. Vales Villamarín a unha gran festa de convivencia. Houbo presentacións, teatro, música, merenda, xogos, agasallos e moitísma diversión e lazos de amizade que se tecen grazas a iniciativas coma esta.

Moitas grazas!

             

Para ver máis fotos pinchade aquí.

 

Distribuir contido