Blogues

Vales de futuro: INTERNET

Como xa comentabamos en entradas anteriores,  a World Wide Web converteuse no maior medio de comunicación da historia da humanidade. A Internet é xa unha ferramenta indispensable e representa un mundo de posibilidades para o lecer e a aprendizaxe pero tamén supón unha serie de risco que debemos coñecer. 

Desde o Departamento de Orientación facilitamos una serie de recomendacións e acceso a guías que esperamos sexan da vosa utilidade para axudar aos vosos fillos e fillas a facer un uso axeitado deste medio de comunicación do presente e, poder así,  evitar riscos nun futuro. 

 

 

Guía Navega con Rumbo (pinchar para acceder)

Guía para uso seguro y responsable de Internet (pinchar para acceder)

Grazas Antia!!

Sempre é un pracer recibir un fermoso agasallo. Pero cando o fan con tanto cariño, traballo e ilusión o corazón énchese dunha felicidade que nunca se esquecerá. 

Antía e a súa mamá, da Escola de Educación Infantil de Fontelo (Ois), fixeron para min e o Vales este fermoso Principito que me acompañará para sempre.

MOITAS GRAZAS!!!

A preocupación de Lucía

Da man do Principiño, o cordero,  o Señor Potato,  Lucía e a súa preocupación achegamos a todo o alumno do centro as funcións do Departamento de Orientación ao longo destes días. 

Así que... rapaces e rapazas, mestres e mestras, familias!,  non deixedes crecer os vosos "baobas". Acudide a falar coa Orientadora e entre tod@s buscaremos unha solución. Esrtamos aquí para axudar.

          

BECAS DO CONCELLO PARA O CURSO 2018-2019

Desde hoxe está aberto o prazo para solicitar as Becas que ofrece o Concello de Betanzos para a adquisición de libros e material escolar. 

Entregar as solicitudes nos Servizos Sociais do Concello. 

Enlace á noticia publicada en prensa. 

NOVO CURSO

Un novo curso comeza e con el novas ilusións e proxectos. Este curso que empezamos 2018/2019 temos entre mans un novo Proxecto Documental Integrado. Continuando a viaxe comezada hai dous anos, primeiro en globo a distintos países do mundo, logo adentrándonos na idade media, este ano imos cara o futuro.

Da man de "O Principiño" de Antoine de Saint-Exupéry o cole sumérxese no "Vales para o futuro".

Aquí vos deixo os murais de benvida dos edificios de Infantil e Primaria cara unha nova aventura.

  Edificio de Infantil

 

Edificio de Primaria

 

BENVIDOS AO CURSO 2018-2019!

 

Para ver o documento completo ver arquivo adxunto

BECAS NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS CURSO 2018/2019

Publicouse no BOE de 14 de agosto de 2018 

Extracto de la Resolución de la Secretaría de Estado de Educación y Formación Profesional, por la que se convocan ayudas para alumnado con necesidad específica de apoyo educativo para el curso académico 2018-2019

Ditas Becas están dirixidas a alumnado con necesidades educativas especiais "derivadas de discapacidade  ou trastorno grave de conduta" e alumnado con necesidades específicas de apoio educativo asociadas a altas capacidades intelectuais.

Para acceder ao texto completo da convocatoria pinchar aquí.

Para máis información sobre o procedemento para a súa solicitude pinchar aquí.

Prazo de solicitudes: ata o 27 de setembro.

Distribuir contido