Blogues

CARREIRA SOLIDARIA

O día 20 de abril celebrouse a carreira solidaria, algúns   dos nenos e nenas correron acompañados pola familia .Agradecemos as familias a súa participación e a colaboración aportando alimentos para Cruz Vermella.

Un ano máis...preto da ESO

A semana pasada o alumnado de 6º EP visitou o IES Francisco Aguiar para coñecer un poco máis como vai ser a nova etapa educativa na que pronto se atoparán. Da man do Director e Vicedirector coñecimos as instalacións, organización  e actividades do centro e,  alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO, déronnos sabios consellos para poder afrontar con éxito, ánimo e ilusión a nova etapa.

Moitas grazas, un ano máis, pola acollida!.

 

CARREIRA SOLIDARIA 2018

O pasado venres celebrouse unha nova edición da Carreira Solidaria "Corre por Betanzos 2018" na que participaron nenos e nenas dos coles e institutos de Betanzos. Cada participante colaboraba na carreira donando comida para Cáritas e Cruz Vermella. Moitas grazas a todos pola vosa colaboración e participación!

MÁIS MÚSICA MEDIEVAL

CONCERTO DE MÚSICA MEDIEVAL

O dia 13 de abril os nenos e nenas de infantil xunto coas unitarias de Ois e Coirós poideron disfrutar dun concerto de música medieval con Emilio Villalba e Sara Marina.

2 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

 

Para colaborar na concienciaión sobre o autismo e facilitar orientacións para mellorar a resposta educativo achego á Comunidade Educativa a presentación realizada con motivo das "VI XORNADAS DO ENSINO: ENTENDENDO O AUTISMO" organizadas por ANPE no mes de febreiro nas que tiven o pracer de participar.

No PDF adxunto poderedes atopar unha breve explicación teórica sobre o autismo así como unha proposta de  medidas que desde todos os axentes educativos (Comunidade Educativa, centro, profesorado, familias, institucións..) se deben adoptar para unha xeitada resposta educativa. Inclúense recursos que espero sexan de axuda. 

 E para os nenos e neas este magnífico vídeo compartido por ASPAU. Pinchade aquí para acceder

 

MÁIS MÚSICA DA ZANFONA

As  10.30 h foron os nenos e nenas de 5 anos a escoitar a Suso Vaamonde que lles contou cousas  da zanfona.

SEGUE A MÚSICA

As 10 h foron os nenos e nenas de 4 anos a escoitar a música da zanfona .

MÚSICA DE ZANFONA CON SUSO VAAMONDE

O Xoves día 22 tivemos unha sesión de música para coñecer un instrumento medieval, a ZANFONA, da man  de SUSO VAAMONDE.

As 9.30 foron os nenos de 3 anos.

 

Distribuir contido