Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Día Mundial do Medio Ambiente

Día Mundial do Medio Ambiente

5 de Xuño do 2020

 

Día Mundial do Medio Ambiente

O land art ou arte terrestre consiste en facer intervencións artísticas en espacios naturáis usando os propios elementos que nos ofrece a natureza, sería como unha escultura ou arquitectura na paisaxe.

A proposta consiste en facer un tipo de land art, "mandalas" con elementos naturais, podedes usar pedras, follas, paus, flores, area, cunchas, froitos secos, sementes… facendo unha composición circular, en espiral, con forma de radio (como a roda dunha bici), en forma de cruz… podedes usar un só material ou combinar varios.

Este traballo favorece a concentración, a creatividade, a orde, traballa conceptos matemáticos como a simetría, o tamaño… e sobre todo ofrece un efecto visual e emocional tanto no artista como no espectador.

Exemplos:

Sacádelle unha foto a vosa creación e enviádella ao voso titor ou titora!

 

Recomendámosvos así mesmo que vexades estes dous vídeos para concienciarvos da necesidade de coidar o noso entorno e de conectar ca Natureza.

 

 "La lección más grande del mundo"

 

"Lemon"



page | by Dr. Radut