NOVO NÚMERO DE TELÉFONO
886110075
"Bosque dos Gorrións"
Se hoxe estivéramos no colexio celebraríamos o Día Internacional dos Bosques e da Poesía (21 de Marzo), cunha actividade que consiste en decorar un paxaro por un lado, e polo outro escribir uns versos (inventados por nós ou copiados dun poema que nos guste). O paxaro (neste caso escollemos os gorrións xa que o 20 de marzo é o seu Día Mundial) pode ser debuxado ou impreso. Cando volvades ao colexio, os plastificaremos e os colgaremos dunhas árbores simbólicas de madeira que "plantaremos" en patiolandia. Animádevos a facer o voso Gorrión Pardal!!
Para coñecer algo máis aos gorrións déixovos un vídeo e un enlace moi interesantes para aprender máis cousas deste paxariño tan común pero que últimamente está descendendo no seu número.
https://www.seo.org/ave/gorrion-comun/
E se queredes entretervos un pouco con papiroflexia...