Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
Nun contexto histórico que parte do sXVIII ata a actualidade, Odaiko fai un repaso das grandes invencións do ser humano. Dende J. S. Bach, ata o plástico para chegar á conclusión de que o pasado recóllese no futuro.
O luns 16, o alumnado de Educación Primaria, e o xoves 19, o alumnado de infantil, visitaremos o Salón do Libro de Pontevedra
Preparamos un "stand", con libros elaborados por todo o alumnado, para participar no
Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
Do 27 de febreiro ao 28 de marzo, celebraranse actividades, contos, espectáculos, obradoiros, presentacións, concertos e moito máis no marco desta nova edición do Salón: "Da Ciencia á Ficción"
Da ciencia á ficción” XVI Salón do libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, do 27 de febreiro ao 28 de marzo de 2015 .
"A ciencia, a lóxica, a explicación racional a feitos incribles: O home na lúa, os robots, a realidade virtual, etc.
As matemáticas, a astronomía, a bioloxía, a física e a química,... esclarecen feitos obxectivos e observables que inspiraron grandes historias de ficción
JUST AS THE IRON OXIDIZES, INACTIVITY ALSO DESTROYS THE INTELECT
Leonardo Da Vinci naceu en 1452 en Vinci (Florencia - Italia). Foi pintor, escultor, arquitecto, inventor e científico.
Queremos recordar unha das súas citas:
ASÍ COMO O FERRO OXÍDASE POR FALTA DE USO, TAMÉN A INACTIVIDADE DESTRÚE O INTELECTO
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida a Educación Infantil
É un espectáculo, de Raquel Queizás, de monicreques construídos con materiais de refugallo (vasos e pratos de cartón) e manipulación de obxectos moi visual e lúdico.
A través do recorrido de Xan, as nenas e os nenos verán a importancia dunha dieta san para levar a cabo unha vida saudable. Tamén reforzarán os seus coñecementos sobre as partes do corpo ao mesmo tempo que descobren de forma divertida como levar a cabo unha boa hixiene. Por último, non esqueceremos o necesario que é facer exercicio e estar en forma.
Eu estou san, SON SAN, e ti?
O xoves 08 de xaneiro comezan as clases do 2º trimestre
deste curso 2014-15