O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida a Educación Infantil
É un espectáculo, de Raquel Queizás, de monicreques construídos con materiais de refugallo (vasos e pratos de cartón) e manipulación de obxectos moi visual e lúdico.
A través do recorrido de Xan, as nenas e os nenos verán a importancia dunha dieta san para levar a cabo unha vida saudable. Tamén reforzarán os seus coñecementos sobre as partes do corpo ao mesmo tempo que descobren de forma divertida como levar a cabo unha boa hixiene. Por último, non esqueceremos o necesario que é facer exercicio e estar en forma.
Eu estou san, SON SAN, e ti?