O luns 16, o alumnado de Educación Primaria, e o xoves 19, o alumnado de infantil, visitaremos o Salón do Libro de Pontevedra
Preparamos un "stand", con libros elaborados por todo o alumnado, para participar no
Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
Do 27 de febreiro ao 28 de marzo, celebraranse actividades, contos, espectáculos, obradoiros, presentacións, concertos e moito máis no marco desta nova edición do Salón: "Da Ciencia á Ficción"
Da ciencia á ficción” XVI Salón do libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, do 27 de febreiro ao 28 de marzo de 2015 .
"A ciencia, a lóxica, a explicación racional a feitos incribles: O home na lúa, os robots, a realidade virtual, etc.
As matemáticas, a astronomía, a bioloxía, a física e a química,... esclarecen feitos obxectivos e observables que inspiraron grandes historias de ficción