Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
O mércores 19, o alumnado de Educación Primaria visita o Salón do Libro de Pontevedra
Preparamos un "stand", con libros elaborados por todo o alumnado, para participar no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra que este ano cumpre 15 edicións.
Do 14 de marzo ao 5 de abril, celebraranse actividades, contos, espectáculos, obradoiros, presentacións, concertos e moito máis no marco desta nova edición do Salón: "Cociñando Contos"
Hoxe, 24 de febreiro, celebramos o Día de Rosalía de Castro. O Equipo da Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, organizaron actividades para conmemorar esta data.
Durante toda a semana (18-21) traballaremos nas aulas frases, poesías, pareados, pensamentos... sobre libros, contos, lectura, biblioteca...
Os nenos copiarán estas frases en post-it de cores que irán cubrindo a fachada da Biblioteca.
As maletas viaxeiras achegan, cada semana, ás casas dos nenos e nenas do colexio, a posibilidade de disfrutar duns momentos de lecer en familia; e ofrecen a posibilidade aos pais e nais de implicarse no proceso de aprendizaxe dos seus fillos así como de facer comentarios e suxestións construtivos sobre os materiais enviados.