UNHA SEMANA MENOS¡
Esta semana é a última do 2º trimestre, e xa que non estamos xuntos para disfrutala, imos traballar con ledicia para que se nos pase antes.
Moi boas rapaces, rapazas e familias!!
Hoxe solo vos escribo para subirvos as correccións das tarefas de Lingua galega, Ciencias da natureza e Ciencias sociais destas dúas semanas.
Bo día!
Agardo que esteades pasando estes días facendo moitas manualidades, bailando e cantando, xogando… e que tamén aproveitedes para ler algún libro e repasar un pouquiño.
Bos días, espero que estedes todos xenial e que fagades moitas cousas para non vos aburrir.
Deixo na ligazón o traballo de esta semana, ademáis de unhas paxinas de internet con moitísimas cousas.
Deixo algo de traballo, pero, sería xenial que fagades todas as manualidades que poidades, e ler libros.
Vémonos moi prontiño
Unha aperta
Moi bo día rapaces e rapazas!
Hoxe imos a deixar una serie de recursos para traballar a Lingua Galega, as Ciencias da Natureza e as Ciencias Sociais.
Non esquezades a importancia de ler todos os días e escribir, así como repasar os cálculos matemáticos, iso todo sen esquecer a importancia do xogo e do exercicio físico que tamén se pode facer na casa!
Recordade que son suxerencias, non é traballo obrigatorio, pero axudaravos a repasar e a manter a mente activa.
Preme nos enlaces das diferentes materias para ver as propostas e enlaces!
Ata pronto! Apertas ao lonxe!!
Bos días alumnos e alumnas de 3º.
Aínda que estes días non haberá clase, temos que seguir traballando. Como boa cidadanía que somos, temos que respetar as normas e pronto volveremos a estar xuntos.
O único que vai cambiar será o lugar de traballo. As gañas e o esforzo teñen que ser as mesmas, ou incluso maiores.
Aproveitar para escoitar contos da vosa familia, ler, facer xogos, crebacabezas, manualidades con tantos roios de papel hixiénico, etc.
Tedes que imaxinar que estades no cole e cada día facer as tarefas que nós vos mandamos. Non esquezades a importancia do xogo e o exercicio físico.
Vémonos prontiño.
Ánimo!!
O profe
Preme encima do ligazón que tendes máis abiaxo e tendes algunha tarefa para repasar contidos do que estamos traballando. Ahí vai L. Castelá e Matemáticas para toda a semana. Mañá L. Galega, Sociais e Naturais. Non os peguedes un atracón, racionade o traballo ¡
Na aula de 3ºEP estamos a aprender sobre as plantas aromáticas e plantas foráneas “curiosas” polas súas características
Ollade ben esta "pata de elefante" e esta "orella de elefante"!!
O pasado luns 12 de novembro, o alumnado de 3º e 4º de Primaria visitou o Mercado do Progreso para aprender un pouco máis sobre alimentación saudable. Da man de Vegalsa-Erosky e co respaldo do Concello de Vigo participamos no proxecto "Come rico. Vive san".
Unha fantástica experiencia!!!!
Clica aquí para ver máis fotos
Visitamos a villa romana de Toralla e estivemos moi atentos ás explicacións dos arqueólogos. Quedamos fascinados coa nosa Historia!!!
Despois, no museo do mar, fixemos unha preciosa "inmersión" na nosa Ría.
Con esta actividade queremos unirnos á proposta do Earth Day Network para celebrar o Día da Terra (22 abril).
Nesta edición a campaña denomínase "Alfabetización medioambiental e climática"
O alumnado de 2º, 3º e 4º de Educación Primaria tivemos un taller para seguir aprendendo a Reciclar!!!!
Practicamos como separar os residuos para poder aplicar o triple R (Reduce, Reutiliza, Recicla)
Dinoseto e Dinosetiño entregaron a cada nena e neno unha bolsa chea de agasallos!!!
Limóns, allos, azúcre, plumas, flores, maracas... e outros obxectos para experimetar cos 5 sentidos!!
Xa temos plan para unha tarde!!!
Estivemos na biblio e na ludoteca do Centro Veciñal e Cultural de Valadares.
As súas responsables, Ariadna e Iria, deseñaron actividades para explicarnos as súas normas e amosarnos as posibilidades das súas instalacións.
Quedamos convidados para ir cando queiramos!!
Estudando a ENERXÍA. É moi importante que todos esteamos convencidos da importancia de usar correctamente a enerxía.
As empresas, Concellos e gobernos deben tomar medidas para promover o uso de enerxías renovables!!!
Estamos a estudar a enerxía. Reflexionamos sobre as distintas fontes de enerxía e queremos apostar por coidar do medio ambiente con enerxías renovables.
Preparamos no laboratorio a seguinte experiencia: reproducimos o modelo dos polos da Terra e o ascenso do nivel do mar polo seu desxeo polo cambio climático.
Cres que desbordará o recipiente que representa o Ártico (xeo sobre auga) ou o que representa o modelo continental Antártico (xeo sobre rocha)??