UNHA SEMANA MENOS¡
Esta semana é a última do 2º trimestre, e xa que non estamos xuntos para disfrutala, imos traballar con ledicia para que se nos pase antes.
Se premes no can, hai unhas páxinas de internet de repaso de sumas e restas, ademáis de lectura comprensiva duns contos moi sinxelos e divertidos.
Outra páxina é de papiroflexia, espero que o desfrutedes, son varias figuras.
Ademáis poño o enlace a arbolabc.com donde quero que traballedes os xogos de memoria e rompecabezas
E por último, gustaríame que me escribírades algunha vivencia positiva deste confinamento.
E de regalo mando o DIARIO DE CONFINAMENTO POR CORONAVIRUS donde podedes escribir as películas, tarefas cotiás ou cancións que escoitaches nesta epoca diferente da túa vida, asi cando sexades velliños e velliñas podedes contarllo os vosos netiños.
Quérovos animar a que o levedes con alegría e que pronto pasará. Ánimo
O profe Víctor