"Só a lembranza de onde veño me axuda a saber cara onde vou"
Rosalía de Castro

XOGOS TRADICIONAIS GALEGOS

O Consello da Cultura Galega e o Observatorio do Patrimonio Lúdico veñen de presentar unha páxina web e unha aplicación para teléfonos móbiles que teñen por finalidade poder poñer en marcha un xogo tradicional galego con só 1 minuto de consulta. 

 

Premendo en xogos tradicionais galegos pódese visitar a páxina e acceder ao enlace para descargar a aplicación dos teléfonos móbiles. 

Tamén se pode descargar dende Google Play  ou  APP Store buscando por XOGOS TRADICIONAIS. 

Saída ao Castro de Baroña

Saímos, xunto coa EEI de Carballosa, a visitar o castro de Baroña. 

No cole estamos estudando como era a vida antes. Sabemos que as primeiras casas que houbo pola nosa zona eran as pallozas, casiñas de pedra con teitos de palla nas que vivían conxuntamente animais e persoas. 

Aproveitando os recursos que nos oferta a nosa zona, decidimos ir ata Baroña para poder ver de cerca cal era o tamaño desas casas e poder comparalas coas nosas actuais. 

Que diferente era a vida! 

(Saída enmarcada dentro do proxecto CONVIVE - T )

 

Adega volve de visita

Seguimos compremetidos/as co medio ambiente. 

Por iso, unha vez máis, ADEGA (preme no nome para coñecer a asociación) volve visitar o noso centro. 

Desta vez para realizarmos xoguetes co refugallo que podemos atopar pola casa. 

Menudas tartarugas corredoras fixemos con unha caixa de ovos, un pouco de papel dos xornais que xa non lemos, algo de lá e moitas cores. 

 

Eleccións ao Consello Escolar

Tal e como se establece na Resolución do 20 de setembro de 2021, publicada no DOGA do 29 de setembro de 2021, tódolos centros da Comunidade Autónoma atópanse no proceso de renovación dos membros do Consello Escolar.

Tendo en conta a importancia da representación familiar no Consello Escolar e que na actualidade se carece dela, dende o centro animámosvos a presentar a vosa candidatura.

CALENDARIO:

  • Presentación de candidaturas: do venres 5 ao venres 12 de novembro.

  • Proclamación de candidaturas: luns 15 de novembro

  • Votación: xoves 25 de novembro

  • Proclamación de candidatos/as elexidos/as: xoves 25 de novembro

 

Samaín 2021

Despois dunha longa espera, de riscar días no almanaque, de intensos preparativos, de posta a punto, da conta atrás dende que comezou o outono... por fin chegou o día.  O día de celebrar o Samaín! 

Xa sexa por tradición, por costumes, aprendizaxe ou celebración, no cole quixemos, unha vez máis, facernos partícipes desta festividade vinculándoa co Halloween (botando man da nosa "teacher") .

Preparamos cabazas, fixemos merenda terrorífica, adornamos o cole pero sobre todo, traballamos en equipo para poder gozar da mellor forma posible. 

FELIZ SAMAÍN 2021

Lembrade que non voltamos ao cole ata o martes 2 de novembro.

Que teñades boa finde! 

 

Saída ao Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

POR FIN SAÍMOS!

Na xornada de onte, mércores 27 de outubro, en colaboración coa EEI de Carballosa realizamos unha peque - ruta ao Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e lagoas de Vixán e Carregal (sempre seguindo e tendo en conta as normas hixiénico - sanitarias vixentes na actualidade contra a COVID - 19). 

Foi unha experiencia marabillosa na que aprendimos moito sobre a flora e a fauna da nosa contorna.

Desexando realizar a seguinte!  

 

(Saída enmarcada dentro do proxecto CON-VIVE, CPInclúe

ELISA E MARCELA

Marcela Gracia e Elisa Sánchez foron unhas mestras galegas que protagonizaron o primeiro casamento entre mulleres.

Para poder levar a cabo esta unión, Elisa tivo que adoptar unha identidade masculina e poder enganar así ao párroco.

Naquel tempo a unión entre persoas do mesmo sexo estaba prohibida e perseguida pola lei.

Cando se descubriu a súa identidade tiveron que fuxir a Portugal.

 

Con Elisa e Marcela damos o pistoletazo de saída no noso proxecto "Donas de Si", un proxecto da Consellería de Educación co obxectivo de visibilizar o papel das mulleres galegas na sociedade, un papel sempre secundario e esquecido. 

Elisa e Marcela foron as primeiras mulleres galegas que loitaron polo seu amor, ensinándonos que o amor non

entende de sexo / ideoloxías / raza ou crenza. 

 

 

 

≠Donasdesi

Plans e proxectos da Consellería

Dende o CEIP de Seráns temos o pracer de anunciarvos que, durante este curso escolar 2021 / 2022 estamos inmersos nos seguintes plans e proxectos ofertados pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

 

CP Innova, nas modalides de : 

      -  O centro como dinamizador de hábitos de vida saudables (EDUsaúde

      - O centro educativo como modelo de calidade a nivel organizativo, de xestión e de funcionamento (EDUcalidade

 

CP Inclúe, nas seguintes modalides: 

     - IGUÁLA - T 

     - CONVIVE - T 

     - INCLÚE - T

     - EMOCIÓNA - T 

 

Así mesmo, seguido a liña do ano pasado, volvemos participar no Plan Proxecta pero desta vez na modalide DONAS DE SÍ  co obxectivo de dar visibilidade e empoderamento ás mulleres como peza fundamental do desenvolvemento galego. 

 

Podedes seguir todas as nosas actuacións dende aquí, dende o noso Instagram ou dende a nosa páxina de Facebook

 

ARRINCAMOS

 

OUTONO

VOLTAMOS! 

E que mellor forma de volver, logo dunhas semanas de "posta a punto" que naufragándonos coa natureza para darlle a benvida ao outono? 

Quixemos facer un mural para colgar no caucho da entrada polo que decidimos saír ao patio para ver que atopábamos. 

Encántanos ver o noso xardín con estas novas cores: amarelo, vermello, marrón... Pode haber algo que nos guste máis que revolotear entre as follas secas? Experiencias para todos os sentidos. 

 

 

INICIO CURSO ESCOLAR 2021 / 2022

Debido a festividade local que ten lugar o xoves 9 de setembro, o inicio do curso académico 2021 / 2022 no CEIP de Seráns dará comezo o VENRES 10 DE SETEMBRO en horario de 09:00 a 14:00 horas 

 

Cabe lembrar que durante o curso seguiremos mantendo as medidas de prevención contra a COVID - 19 que xa se puxeron en marcha no curso anterior. 

 

Lembrarlle a todo o persoal docente e non docente que acuda ao centro: 

- Obrigatoriedade do uso de máscara 

- Non acudir en caso de malestar ou síntomas compatibles coa COVID-19 

- Importancia da correcta desinfección de mans

 

Acabar con esta pandemia, está nas mans de todas e todos nós.

 

BO COMEZO DE CURSO!  

Distribuir contido