POR FIN SAÍMOS!
Na xornada de onte, mércores 27 de outubro, en colaboración coa EEI de Carballosa realizamos unha peque - ruta ao Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e lagoas de Vixán e Carregal (sempre seguindo e tendo en conta as normas hixiénico - sanitarias vixentes na actualidade contra a COVID - 19).
Foi unha experiencia marabillosa na que aprendimos moito sobre a flora e a fauna da nosa contorna.
Desexando realizar a seguinte!
(Saída enmarcada dentro do proxecto CON-VIVE, CPInclúe)