Menudo obradoiro de cociña creativa montamos hoxe na Casa da Cultura coa incríble cociñeira Nuska.
Para potenciar a comida saudable nestas datas, levamos a cabo unha actividade onde nos convertemos en fantásticas cociñeiras e cociñeiros por un día.
OurizosCacho que molan un cacho, árbores de nadal a partir de kiwis e uvas, croisants de "duendes" de mazá, canapés para comer si os ques, cócteles con sabor a caramelo...
Pensades que nos gustou máis cociñar, ou comer?
Ademáis, para finalizar esta maravillosa xornada de nadal, achegouse a nosa compañeira Ana (ludoteca do concello de Porto do Son) para amenizarnos con un conto de nadal e ensinarnos a facer chapas para decorar as nosas prendas.
Que día tan emocionante!
(Obradoiro enmarcado no proxecto EduSaúde, CPInnova)
Despois de tanto tempo, volvemos poder realizar a saída conxunta ao cine coa EEI de Queiruga, EEI de Caamaño e a EEI de Carballosa.
Como viña sendo costume, todos os anos por nadal, as unitarias do concello de Porto do Son xuntábanse para poder levar a cabo unha xornada de convivencia entre o alumnado das distintas parroquias do concello.
Por mor da pandemia COVID - 19, esta saída veuse truncada na última tempada ata este ano no que, tendo en conta todas as medidas hixiénico - sanitarias vixentes actualmente, decidimos volver levala a cabo.
Que ben o pasamos! Canto botábamos de menos estas experiencias!
(Actividade incluída no proxecto CONVIVE - T, CPInclúe)
Incorporamos novo recurso de aprendizaxe ao centro!
Unhas fantásticas tarxetas de diversos campos semánticos en 3 linguas diferentes: castelán, inglés e LINGUAXE DE SIGNOS.
Seguimos traballando a prol dunha comunidade inclusiva e igualitaria.
(Actividade enmarcada dentro do proxecto IGUÁLA-T, dentro de CPInclúe)
Conmemoramos o 3 de decembro (Día Internacional das persoas con discapacidade) coñecendo o alfabeto en Braille e construíndo os nosos nomes con pegatinas de cores en relación a este método de lectoescritura.
Seguimos traballando para erradicar esta brecha aínda existente.
Vai de arte!
A nosa homenaxeada neste mes de decembro é MARUXA MALLO.
Nacida en Viveiro no ano 1902 foi unha pintora galega recoñecida a nivel internacional.
A súa obra destaca por unha constante e innovadora evolución artística.
Realizou cadros moi importantes, participou en teatro, fixo cerámica, pintou murais e, entre outras moitas cousas, tamén facía fotografías artísticas.
Tamén formou parte das SENSOMBREIRO, un grupo de mulleres que nos anos 20 destacaron pola súa rebeldía: nesta época non estaba ben visto ir sen sombreiro e Maruxa, xunto con outras compañeiras, decidiu quitalo como mostra da súa desconformidade.
(#DonasDeSi #PlanProxecta)
Na xornada do xoves 2 de decembro saímos visitar os Castros de Neixón, en Boiro.
Foi unha saída conxunta coa EEI de Carballosa e a EEI de Queiruga, pero respectando en todo momento as medidas hixiénico - sanitarias vixentes na actualidade fronte a COVID - 19.
Alí visitamos un museo arqueolóxico (premendo no enlace podes acceder á páxina web do centro arqueolóxico) onde puidemos ver unha representación dunha palloza e entrar no seu interior.
En todo momento nos acompañou un guía. Este, foinos explicando como era a vida nos castros (que comían, que facían durante o seu día a día, como se vestían...) e ensinounos algunhas das pezas que se conservan desa etapa.
Logo, saímos pola contorna para poder ver de cerca os restos dos dous castros.
Pasounos a mañá voando!
(Saída enmarcada dentro do proxecto CONVIVE - T)
IGUÁLA - T | Maleta educativa - Soltando Amarres - Mulleres na ciencia - Tren violeta Elas Contan - Aula STEAM - STEAM - |
CONVIVE-T | Saída ao Parque Natural e complexo dunar de Corrubedo - saída ao Castro de Baroña - Visita aos Castros de Neixón - renos con ADEGA - cine - Apípolis - Plantamontes - Cestos - A nosa hortiña - Romería Letras Galegas - |
INCLÚE - T | Obradoiro LSE - AMBAR - 3 de decembro - Baralla LSE - 2 de abril - Braille - Patios dinámicos - |
EMOCIONA-T | Patios dinámicos - disfraces - Ópera: la flauta mágica - Romería Letras Galegas - Pintando con Nuska - A Casa do Patrón - |
Poñemos en marcha a MALETA EDUCATIVA do CEIP de Seráns
Unha maleta que ademáis de promover o uso da biblioteca, pretende fomentar a igualdade e a convivencia entre a comunidade educativa.
Cargada con 10 contos, 2 películas e 1 mascota pasará polas casas de cada unha das familias que forman o cole co obxectivo primordial de pasar tempo en familia, aprender e divertirse.
ARRINCA A VIAXE!
(actividade incluída dentro de IguálaT, de CPInclúe)
SOLTANDO AMARRES é o noso lema para este 25 N porque ningunha muller, baixo ningún concepto debe vivir "presa" da súa liberdade.
A misión dos globos aerostáticos é voar. Este precisa da vosa axuda para facelo despegar.
(esta actividade está enmarcada dentro do Plan Proxecta Donas de SI e dentro dos CPInclúe IguálaT)
Queremos que o noso globo viaxe por moitos lugares e transmita así a nosa mensaxe. Pero OLLO! Neste caso, axudarnos, pode ter PREMIO. Entre todas as persoas que subades unha foto nas redes sociais co noso globo, entraredes nun sorteo dunha cesta de productos elaborados/producidos/vendidos polas nosas mulleres:
1. A caca cuca (Libro infantil)
2. Selva (Libro infantil)
3. A crebeira Marabillas (Libro infantil)
4. Sol de inverno (Libro para adultos)
5. Ovella amigurimi de elenaslanas
6. 2 máscaras infantís por Andrea Lourido
7. CDs firmados polas Tanxugueiras
8. Bola de Nadal de Mariví Santos
9. Cactus de Floristería Bambú
10. Babeiro de Mónica Gude
11. Bufanda e peto de Mariajo
Queres facerte con ela?
Estes son os pasos que debes seguir:
1. Sube ata o CEIP de Seráns e faite unha foto co noso globo.
2. Compártea de forma PÚBLICA en Facebook ou en Instagram e etiqueta ao noso cole (maisqueserans).
3. A foto con máis "gústame" de AMBAS as dúas redes sociais dende o día de hoxe, 25 N ás 14:30 horas ata o domingo 28 N ás 23:59 horas será a GAÑADORA da nosa cesta.
POR FAVOR, o globo é unha actividade que pode parecer moi sinxela pero que acarrexa moito traballo detrás. PREGAMOS que sexades respectuosos/as e que cando subades facer a vosa fotografía deixedes todo tal e como está.
Dende o CEIP de Seráns queremos agradecer a todas as persoas que colaboraron con nós de forma totalmente desinteresada e que non dubidaron en facer posible esta actividade.
XA TEMOS GAÑADORA!
A nosa fantástica veciña Nuska e subiu esta semana a recoller a súa caixa de agasallos das nosas mulleres colaboradoras. E non veu sola! Tróuxonos cancións, debuxos, información sobre os elfos e unha invitación moi especialque sen dúbida algunha aceptamos!
Grazas por colaborar neste proxecto pero sobre todo grazas por subir ata o noso centro e agasallarnos co teu tempo. Pasámolo moi ben contigo.
A finais de outubro realizamos unha saída pola contorna do noso centro na procura de diversas setas.
Da man da mamá de B. e de N. saímos polas proximidades do monte Tahúme para recoñecer algunhas das variantes de cogomelos, árbores e incluso froitos que se dan na nosa zona.
Cantas cousas novas aprendimos!
A mamá de B. e de N. aportounos moitísima información e trouxo unha gran cantidade de recursos para facilitarnos a búsqueda e poder aprender mellor.
Quedamos moi contentos e contentas con esta saída.
Grazas familia!