Heroínas de Sálvora, as nosas mulleres homenaxeadas neste mes de maio.
(Actividade enmarcada en #DonasDeSi, dentro de #PlanProxecta)
Conmemoramos o día das Letras Galegas e o día das familias con foliada e xogos populares. Unha actividade conxunta coa EEI de Queiruga e a EEI de Caamaño.
(Actividade enmarcada dentro de #Con-ViveT e #EmociónaT, incluídas dentro de #CPInclúe)
Leitugas, cebolas, remolachas, sandías, fresas... logo de moito tempo esperando, por fin puidemos traballar no noso horto.
(Actividade enmarcada dentro do proxecto #Con-ViveT, inmerso en #CPInclúe)
Saímos a Vigo coa EEI de Queiruga e a EEI de Carballosa - Lapido para ver a representación "Ópera: la flauta mágica".
(Actividade enmarcada en #EmocionaT, incluída en #CPInclúe)
Este mes de marzo vai adicado a elas, a Maruxa e a Coralia. As nosas "Marías" que despois de pasar polas inxustizas da guerra, decidiron saír cada día, ás 2 en punto, polas rúas de Compostela dándolle alegría e cor .
(Actividade enmarcada en #DonasDeSi, dentro do #PlanProxecta)
A nosa muller do mes de abril, Irene González Basanta, unha das pioneiras no mundo do fútbol.
(Actividade enmarcada en #DonasdeSi #PlanProxecta)
ACROSPORT da man de @yumi_yai_parkk (preme no nome para coñecer máis del@s) e en conxunto coa EEI de Carballosa - Lapido.
Incríble experiencia!
(Actividade enmarcada dentro de #EduSaúde, en CPInnova)
Na #semanadolibro repasamos as partes do conto e traballamos nelas para poder crear despois os nosos propios relatos.
Voltamos de vacacións con novos recursos para traballar as emocións e a expresión oral.
(Actividade enmarcada en #EmocionaT #CPInclúe)