Dende o CEIP de Seráns comprácenos anunciar que todo o alumnado que presentou a solicitude de admisión no noso centro educativo para o vindeiro curso 2022/2023 resultou ADMITIDO.
CEIP de Seráns e EEI de Carballosa - Lapido colaborando coa Comunidade de Montes de Muro na repoboación dos nosos montes coa plantación de carballos.
(Actividade enmarcada en #CON-VIVE, #CPInclúe)
Saida entre as unitarias do Concello de Porto do Son, desta vez a APÍPOLIS (preme no nome para poder coñecer máis sobre esta actividade).
(Actividade enmarcada en #CON-VIVE, #CPInclúe)
Iniciándonos en ioga.
Incríble sesión de ioga levado a cabo de forma conxunta coa EEI de Carballosa - Lapido.
Aprender a relaxarse, estirar, controlar a respiración... fantástica experiencia.
(Actividade incluída en #EduSaúde #CPInnova)
Dende Consellería de Educación informase que, por motivos técnicos, a sede electrónica da Xunta de Galicia vén de ampliar 24 horas máis a presentación de solicitudes para o procedemento de ADMISIÓN DE ALUMNADO.
22/03/2022
ARRINCA a viaxe do noso tren violeta para facer un breve, pero intenso, percorrido e poder coñecer así algunhas das mulleres que fixeron historia a nivel mundial e local.
Súmaste á experiencia?
(#8M #DonasdeSi #365díaspolaigualdade #Asnosasmulleres )
E logo de tanto traballo... velaquí o resultado!
Lembrade que voltamos ao cole o próximo XOVES 3 de marzo.
Pasade boa xornada!
Entre o 1 e o 21 de marzo estará aberto o prazo de admisión nos centros escolares para o curso 2022/2023.
Este procedemento está dirixido a todo o alumnado que entra por PRIMEIRA vez no sistema educativo así como para aquel alumnado de Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato que desexen cambiar de centro escolar sempre e cando haxa prazas dispoñibles.
Os trámites poderán realizarse vía telemática na aplicación admisiónalumnado (preme para poder acceder a ela) unha ferramenta que posibilita aos proxenitores cubrir a solicitude na aplicación.
Unha vez pechado o prazo de solicitudes, as listas provisionais de persoal admitido/excluído publicarase o 25 de abril.
Nota informativa*
Achégase nesta publicación o Anexo II Solicitude de Admisión do Alumnado que poderá ser cuberto e entregado no centro.