Entre o 1 e o 21 de marzo estará aberto o prazo de admisión nos centros escolares para o curso 2022/2023.
Este procedemento está dirixido a todo o alumnado que entra por PRIMEIRA vez no sistema educativo así como para aquel alumnado de Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato que desexen cambiar de centro escolar sempre e cando haxa prazas dispoñibles.
Os trámites poderán realizarse vía telemática na aplicación admisiónalumnado (preme para poder acceder a ela) unha ferramenta que posibilita aos proxenitores cubrir a solicitude na aplicación.
Unha vez pechado o prazo de solicitudes, as listas provisionais de persoal admitido/excluído publicarase o 25 de abril.
Nota informativa*
Achégase nesta publicación o Anexo II Solicitude de Admisión do Alumnado que poderá ser cuberto e entregado no centro.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Anexo_II_Solicitude de Admision de Alumnado.pdf | 547.18 KB |