"Só a lembranza de onde veño me axuda a saber cara onde vou"
Rosalía de Castro

Obradoiro de melindres

Coas mans na masa! 

NON HAI ENTROIDO SEN MELINDRES

Por iso na xornada de onte, levamos a cabo un obradoiro en conxunto coa EEI de Carballosa, no que puidemos aprender a cociñar os nosos propios melindres! 

Vaia pintaza! Que ricos nos saíron! 

 

(Obradoiro inmerso en EduSaúde, CPInnovva) 

Ángela Ruiz Robles

O 11 de febreiro conmemórase o Día da Muller e da nena na ciencia. 

A nosa muller do mes é Ángela Ruiz Robles, unha mestra que preocupada polo peso da carteira do seu alumnado creou o precursor do libro electrónico. 

 

(#Donasdesi) 

Outras formas de conmemorar o día da Paz

ANXO MOURE (preme no nome para coñecer máis)  é un contacontos galego que percorre as terras de Galicia, Asturias, Portugal, O Bierzo... contando historias solidarias coa terra e as persoas que habitan nela. 

E hoxe, o cole de Seráns tivo a oportunidade de contar con el. 

Voar como os paxaros, sentir o vento no corazón, plantar árbores para a paz, sentirse como un carballo ...

Grazas Anxo. 

Que delicia poder contar contigo. 

 

CEIP de Seráns coas Tanxugueiras

Elas apoiáronnos a nós dende o primeiro momento cando as invitamos a participar na actividade do 25N. 

Non podíamos quedar sen facer nada. 

Aquí vai todo o noso cariño para estas semifinais.

Para nós, xa sodes as gañadoras. 

Grazas por tanto. 

 

(#asnosasmulleres)

 

 

ERNESTINA OTERO

O 24  de xaneiro conmemórase o día da Educación e nos quixemos conmemoralo coa nosa muller do mes. 

Ernestina Otero foi unha mestra galega loitadora a prol do ensino igualitario entre nenos e nenas así como tamén foi unha defensora do ensino vivenvia e experimental. 

Grazas Ernestina polo teu legado. 

 

#Donasdesi

Aula STEAM

N O V I D A D E S
 
Fai tempo que lle tiñamos gana, e por fin chegou.
 
Aula STEAM para o alumnado do CEIP Seráns.
 
Un recuncho onde mesturar ciencia, tecnoloxía, enxeñería, arte e mates dunha forma lúdica e entretida, adaptada ás características do alumnado e tendo en conta as características do centro.
 
Adiante coa aventura!
 
 

MALABARES NA ESCOLA

E hoxe...obradoiro de pelotas para malabares coa EEI de Carballosa!
Os malabares, ademáis da práctica do deporte, son unha fantástica opción para mellorar o noso equilibrio, practicar habilidades motoras e a percepción visual.
Hoxe tocou aprender a facer pelotas caseiras e iniciarnos na aprendizaxe da súa técnica ☺️
 
(actividade incluída dentro de EduSaúde, CPInnova)

RESERVA DE PRAZA EN CENTROS DE ADSCRICIÓN

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o 11 de xaneiro de 2022 inícianse os trámites do procedemento  de reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

  • O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022, ambos incluídos.

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

As súas maxestades de Oriente visitan Seráns

VOLVEU PASAR 

Rematamos o último día lectivo deste ano 2021 coa visita das SSMM os Reis Magos. 

Desta vez, cunha doce sorpresa: sempre eramos nós as persoas agasalladas  así que este ano quixemos facer partícipe ao resto da nosa comunidade educativa repartíndolles un anaquiño da nosa felicidade. 

Grazas por vir vernos antes do día, maxestades. 

Grazas a toda a veciñanza, familias e todas aquelas persoas que fixeron posible que unha vez máis, a ilusión volvese inundar Seráns. 

Agardámosvos con cariño para o vindeiro ano. 

Os nosos maiores desexos para tod@s vós nestas datas.

 

 

 

Dende o CEIP de Seráns queremos desexarvos unhas felices festas agardando que poidades celebrar o nadal e a entrada do ano novo cheos/as de ilusión, motivación e ledicia. 

Lembrade que o 10 de xaneiro de 2022 voltamos á aula. 

 

BO NADAL

 

FELIZ 2022! 

 

Distribuir contido