Saída aos Castros de Neixón (Boiro)

Na xornada do xoves 2 de decembro saímos visitar os Castros de Neixón, en Boiro. 

Foi unha saída conxunta coa EEI de Carballosa e a EEI de Queiruga, pero respectando en todo momento as medidas hixiénico - sanitarias vixentes na actualidade fronte a COVID - 19. 

Alí visitamos un museo arqueolóxico (premendo no enlace podes acceder á páxina web do centro arqueolóxico) onde puidemos ver unha representación dunha palloza e entrar no seu interior. 

En todo momento nos acompañou un guía. Este, foinos explicando como era a vida nos castros (que comían, que facían durante o seu día a día, como se vestían...) e ensinounos algunhas das pezas que se conservan desa etapa. 

Logo, saímos pola contorna para poder ver de cerca os restos dos dous castros. 

Pasounos a mañá voando! 

 

 

(Saída enmarcada dentro do proxecto CONVIVE - T