Saltar navegación.
Inicio

Celebración do Magosto

Este venres 28 de outubro, se o tempo nolo permite, celebraremos o Magosto no noso cole.

A partir das 14:45 aproximadamente faremos distintos xogos onde as castañas dun xeito ou outro van a estar presentes. Os xogos serán distintos en función de cada ciclo e haberá que desmostrar habilidade e precisión en moitos deles. Algúns destes xogos serán: o xogo da rá, encestar a castaña, carreiras de castañas...

Para repoñer forzas despois do duro esforzo, cada neno/a encherá o seu cucurucho ou brick con castañas das que disfrutará ata encher ben a barriga.

En caso de choiva ou mal tempo, os xogos non se poderían levar a cabo de xeito que desfrutaríamos das castañas nas propias aulas.

Un saúdo e Feliz Magosto a todos/as!

 

XA ESTAMOS AQUÍ !!

O equipo da Biblioteca quérevos dar a benvida un ano máis a este novo curso escolar (2011/2012).

 


Agardámosvos na biblio, vendo as novidades e preprarando cousiñas estupendas para vós.

Co comezo de Outubro xa tedes aberta a biblio durante os recreos.

Esperamos que disfrutedes deste espazo e das actividades que propoñemos.

                                                                Ata pronto.

DIA DAS LETRAS GALEGAS

O MÉRCORES 18 DE MAIO CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

ESTE ANO O AUTOR HOMENAXEADO FOI LOIS PEREIRO.


POLA MAÑÁ FOMOS Á CASA DA CULTURA ONDE OS NENOS  E NENAS DE 1º CICLO FIXERON UNHA LECTURA DE POEMAS DO AUTOR E OS DE 2º CICLO CONTÁRONNOS COUSAS DA SÚA VIDA.

OS NENOS E NENAS DE INFANTIL CANTARON "VEN BAILAR CARMIÑA, CARMELA", E COMO REMATE TODOS XUNTOS CANTAMOS O HIMNO GALEGO.

COMO ERA FESTA AS COCIÑEIRAS PREPARARON UNHA COMIDA ESPECIAL, MOI TÍPICA DE GALICIA E AS SÚAS ROMERÍAS: EMPANADA E CHURRASCO.

POLA TARDE SEGUIMOS COA FESTA, PRIMEIRO CON XOGOS POPULARES NO PATIO E LOGO CON MÚSICA E BAILE TRADICIONAL. MOITAS GRAZAS Á ASOCIACIÓN TRUBISQUIÑA E Á ASOCIACIÓN DE PASARELA.

SE QUERES VER FOTOS DESE DÍA PINCHA AQUÍ, OU ENTRA NA GALERÍA.

AVALDIA 2011

Os vindeiros 19 e 20 de Maio terá lugar no noso centro a avaliación de Diagnnóstico 2011 para avaliar o nivel de desenvolvemento do noso alumnado en determiadas competencias básicas. Estas probas son unha das novidades da LOE, o seu cometido é prestar a cada centro unha serie de informacións que lle permitan autoavaliarse e reflexionar sobre as prácticas e procesos de aprendizaxe e que lles leve a un debate e propostas de mellora contínua no seu funcionamento a tódolos niveis.

Este ano as probas correspóndelles realizalas aos alumnos/as de 4º curso de Primaria.

As probas a realizar avaliarán as seguintes competencias básicas:

-Competencia LingÜística.

-Competencia matemática.

-Competencia para o coñecemento e interacción co medio físico.

 

Calqueira información de actualidade sobre este asunto ou outras informacións para profundizar  no seu coñecemento a atoparedes no espacio do noso Departamento de Orientación.

A viaxe de fin de curso de 3º ciclo

Se queredes estar ao tanto de todo o que acontece na excursión que realizaron os nosos compañeiros e compañeiras do 3º ciclo a Cantabria, podes ver as novidades no blogue do Rino Vicentino.

Atención!

i.Nova sorprende no súa terceira entrega do podcast con unha interesante entrevista a unha das persoas mais importantes do noso centro. Falamos da nosa Xefa de Estudios: Luisa Facal. No podedes perdela, poderédela escoitar na nosa canle habitual de i.Nova Podcast dende hoxe mesmo.

(Accede dende aquí)

i.Nova dará cobertura informativa ao "partido de solteiras contra casadas"

O evento deportivo que mais interese leva suscitado na comunidade educativa de Vimianzo gozará dunha fonda cobertura informativa.

Un equipo de periodistas da revista escolar i.Nova trasladaráse ao centro polideportivo da vila o vindeiro Domingo 3 para facer a cobertura informativa do evento, que terá lugar ás 5 da tarde. Contaremos cuha boa reportaxe e análise do encontro, entrevistas de primeira man ás protagonistas e organizadoras do evento así como ao público que asista.

Trátase dunha iniciativa das nais dos alumnos e alumnas do terceiro ciclo coa intención de recadar fondos para a excursión de fin de curso. O evento enfrentará a mulleres solteiras contra casadas.Isto leva suscitado un enorme interese dentro da vila, coma se dun gran "derby" se tratara, e prevése unha gran afluencia de público.

Animamos a todo o mundo a que se achegue este Domingo a ver o encontro, que non quede na casa. Trátase dunha festa do fútbol e dunha oportunidade única para colaborar cun bo fin, invertir na ilusión dos nosos nenos e nenas.

Xa temos nova mascota para o blog de educación física

Despois de un longo e duro proceso de selección de entre todas as mascotas elaboradas por alumnos/as do noso centro... xa temos representantre oficial do noso blog de educación física!

Coa axuda das vosas votacións finalmente resultou gañador o "Rino Vicentino", un super-rinoceronte futbolista que dende agora pasa a dar nome ao noso blog e ademais figura na barra esquerda da nosa web. Dende agora xa podedes visitar o sitio de educación física facendo click directamente nel.

Nova Radio i.Nova

Amig@s.

i.Nova Podcast xa é unha realidade. Despois dun traballo de aprendizaxe, o equipo de redacción xa está a obter resultados nesta nova andaina radiofónica que semanalmente irá enchendo o podcast da nosa web de novos capítulos reproducibles en audio; ademais das clásicas novas escritas.

Xa temos as dúas primeiras entregas colgadas. Queres escoitalas? Accede pinchando na imaxe.

 

OS NENOS DE VIMIANZO APRENDEN A PROTEXER O BOSQUE

O LUNS 21 CHEGOU A PRIMAVERA E FOI O DÍA DA ÁRBORE.

PARA CELEBRALO FOMOS COÑECER O DISTRITO FORESTAL.

EN VASOS DE IOGUR SEMENTAMOS SEMENTES DE PINOS, BIDUEIROS, ACIBROS E OUTRAS ÁRBORES PARA QUE COIDEMOS O SEU NACEMENTO E POSTERIOR PLANTACIÓN.

SE QUEREDES VER ALGUNHAS FOTOS PINCHA NA IMAXE

OS AXENTES, TÉCNICOS E MEMBROS DAS CUADRILLAS DEIXÁRON QUE  PROBÁRAMOS OS SEUS TRAXES, O SEU EQUIPO, E QUE SUBÍRAMOS ÁS MOTOBOMBAS.

APRENDEMOS UN MONTÓN E PASÁMOLO PIPA.

Distribuir contido