Saltar navegación.
Inicio

Celebramos o San Martiño

A celebración do San Martiño resultou todo un éxito no CEIP San Vicenzo. Durante a semana previa ao 11 de novembro, día do San Martiño, leváronse a cabo actividades en torno ao peón. Así tivemos unha exposición de trompos decorados polos alumnos/as de Primaria e nos recreos do xoves e venres realizouse unha competición de lanzamento de peón por ciclos. Se queredes máis información sobre estes eventos deixamos a continuación un enlace ao blogue de educación física do Rino Vicentino. Ademais se facedes clic na imaxe de abaixo accederedes ás fotos que sacamos ao longo da semana.  

BENVIDOS Á BIBLIOTECA UN CURSO MÁIS

"DIN QUE TODAS AS PERSOAS NECESITAMOS AS HISTORIAS, TANTO COMA A AUGA QUE BEBEMOS, TANTO COMA O PAN DE CADA DÍA. QUE SORTE, QUE SEXAN TAN DOADAS DE CONSEGUIR! (...) SÓ HAI QUE ABRIR UN LIBRO E DEIXARSE LEVAR POLA FERVENZA DE VOCES, DE LINGUAS, DE RECENDOS, DE PAISAXES... UNHA MAXIA SECRETA E INESGOTABLE QUE A NÓS NOS CORRESPONDE DESCUBRIR."

CON ESTAS VERBAS EXTRAIDAS DO TEXTO "OS RIOS DA VIDA" QUE AGUSTÍN FDEZ PAZ ESCRIBIU CON MOTIVO DO DIA MUNDIAL DO LIBRO, QUEREMOS DARVOS UNHA VEZ MÁIS A BENVIDA Á NOSA BIBLIOTECA ESCOLAR.

Revista Escolar

Para poder ler a revista deste curso debedes clic no enlace onde di

1 adxunto.

Esperamos que disfrutedes coa súa lectura.

LISTAXE DOS LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2012/2013

A listaxe dos libros de texto e material didáctico que será usado no curso 2012/2013 foi aprobada polo Consello Escolar o pasado día 12 de xuño.

 

Pódese descargar a lista de libros nesta ligazón:    LIBROS DE TEXTO 2012/2013

Convocatoria de axuda para a adquisición de libros de texto e material da Xunta de Galicia (abrir con Mozilla Firefox)

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A COMPRA DE LIBROS DE TEXTO

CURSO 2012/2013

Prema na seguinte ligazón para acceder á información completa no D.O. G e e imprimir a solicitude:

Orde publicada no D.O.G (inclúe toda a información e os impresos de solicitude)

Só os impresos de solicitude para imprimir e cubrir

A seguinte información é parcial e resumida:

 

Niveles educativos para os que se convoca: Ed. Primaria, Ed. Secundaria Obrigatoria e Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos.

Requisitos:

- Ser pai/nai ou titor/a legal do alumnado matriculado.

- Non repetir curso no ano escolar 2012/2013. Aínda que 1º e 2º curso de primaria quedan excluídos desta circunstancia por non ser reutilizables os libros de texto. Pódese só neste caso solicitar a axuda aínda que o alumno repita curso no periodo 2012/2013.

-Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros.

Lugar de recollida e presentación de solicitudes: nos propios centros. Tamén se pode descargar a  solicitude na páxina da consellería: www.edu.xunta.esou na ligazón da cabeceira desta páxina. A solicitude cuberta e a documentación presentarase na secretaría do centro.

Prazo de presentación: No caso los alumnos que se matriculen para o curso 2012/2013  en Ed. Primaria será do 1de xuño ao 2 de xullo, ambos inclusive. No caso dos alumnos que se matriculen no curso 2012/2013 en Ed. Secundaria Obrigatoria o prazo será do 25 de xuño ao 26 de xullo, ambos inclusive e presentaran as súas solicitudes nos instituto no que se matriculen.

Documentación que se debe presentar:

-A solicitude cuberta e firmada polo solicitante.

-Orixinal e copia do Libro de familia onde figurarán todos os membros computables da mesma. No caso de non haber Libro de Familia ou ser a situación familiar distinta da reflectida nese libro (separación ou divorcio, falecemento…) haberá que presentar  certificado de convivencia, sentencia de separación ou outros documentos acreditativos da nova situación (tamén orixinal e copia).

-No caso de discapacidade dalgún membro da unidade familiar:  certificado de minusvalidez igual ou superior ao 33% ou ben certificación emitida pola Seguridade Social de pensión de invalidez, ou ben documentación acreditativa da condición de ser pensionista con pensión de xubilación por retiro ou incapacidade permanente ou inutilidade. En tódolos casos orixinal e copia de dita documentación.

 

Contía das axudas:

Familias monoparentais:

-Renda per cápita ata 6.000 euros: 170 euros.

-Renda per cápita desde 6.000,01 ata 9.000 euros: 90 euros

Resto de familias:

-Renda per cápita ata 5.400 euros: 170 euros

-Renda per cápita entre 5.400.01 e 9.000 euros: 90 euros

Cálculo da renda per cápita familiar:

É o total da renda de tódolos membros computables da familia dividida entre o número de membros. No caso de minusvalía dalgún membro da unidade familiar contaría por dous.

No caso de ter presentado declaración do IRPF para o exercicio 2010 o cálculo para coñecer a renda total consiste en sumar as casiñas 455 e 465 de tódolos membros que fixeron a declaración. Non é necesario presentar copia da declaración.

Quen son membros comuptables:

-Os pais non separados legalmente

-Os fillos menores de idade.

-Os fillos maiores idade con discapacidade.

-Os fillos solteiros menores de 25 anos que convivan no domicilio familiar.

-No caso de non haber vínculo matrimonial constitúen a unidade familiar os pais e fillos que convivan no mesmo domicilio cos requisitos anteriores, situación acreditable mediante presentación de certificado de empadroamento.

 

Esta información é parcial intentando recoller os puntos máis importantes. A información completa sobre esta covocatoria pódese consultar no Diario Oficial de Galicia de data venres, 1 de xuño de 2012, DOG. Num. 104.

Os inventos de Educación Infantil

Os alumnos de 5 anos de Educación Infantil, coa inestimable colaboración das súas familias, deron unha boa mostra do seu inxenio elaborando toda clase de inventos que van desde robots a avións pasando por ordeadores persoais e personalizados e vehículos impulsados por enerxía solar. Toda unha mostra do que son capaces de facer estes nenos e nenas con material de refugallo e unha boa dose de imaxinación.

Se facedes clic na foto poderedes ver o resto das imaxes relacionadas con esta pequena exposición.

Coñecendo a Xurxo Martiño

Ao longo destas semanas atópanse expostas na Casa da Cultura as obras máis importantes do artista Xurxo Martiño. O pasado martes 13 de marzo os rapaces e rapazas do noso cole tivéchedes a oportunidade de visitar esta exposición e coñecer en persoa ao seu autor. Tras coñecer as súas obras cada curso realizou un pequeno taller-actividade dirixido polo propio Xurxo Martiño onde aprendichedes algunhas técnicas relacionadas coa pintura. A continuación deixamos unhas fotografías dos alumnos de 4º de primaria en pleno proceso de elaboración das súas obras de arte.

 

ENTROIDO NO SAN VICENZO

          O 17 de Febreiro celebramos no CEIP San Vicenzo o Entroido, enchendo de cores e alegría o noso cole.

         Comezamos o día disfrazándonos na clase e preparando a merenda de doces do Entroido que máis tarde íamos a degustar.


         Logo baixamos ao patio e desfilamos para os nosos compañeiros e deseguido saímos do cole para ir ata a praza do concello. Cantas fotos nos sacaron os nosos pais, nais, amigos e veciños! e é que a verdade, estábamos moi guapiños.

@s nen@s de INFANTIL seguiron coa súa viaxe polos continentes e alí se inspiraron para deseñar os seus modelos:

       Dende o continente asiático chegaron os neno@s de 3 anos A, disfrazados de feroces tigres e amorosos osiños panda e ata o outro lado do atlántico tiveron que ir os nenos de 3 anos B, para chegar ao continente americano e vestirse como os aborixes desas terras: de xefes e xefas indios: JAU, irmáns indios!
                          

              

             

              

              

       O continente europeo foi estudado minuciosamente polos nenos de 4 anos, que se disfrazaron cos monumentos que máis lles chegaron ao corazón: A Torre de Hércules, a Torre do Reloxo, a Catedral de Santiago, a Torre Eiffel ….. en fin, un montón de cultura representada nestes pequenos!

               

                   

C@s raparig@s de 5 anos chega o baile de dous continentes incribles: dende África, @s nen@s de 5 anos B, vestidos de bailarinas da danza do ventre, e dende Oceanía, @s raparig@s de 5 anos A, danzando de bailarinas da Polinesia. Pero que ben se moven, que ben o fan!

             

             

              

             

Xa c@s raparig@s de PRIMARIA, chega a variedade,  a diversión, o colorido, o baile e ......
      

A FESTA!!!!!!!

Bruxas e fadas, superheroes e princesas,  animaliños, sevillanas, enfermeiras, pallasos,damas e cabaleiros, hippys, vampiros e vampiresas, magos e ninjas e un sen fin de disfraces máis apareceron este día de Entroido engalanados coas súas mellores vestimentas.
Mirade que  bonitiños ían estes nen@s . GUAU!

                                             @s cativ@s de 1º

             

             

             

             

   @s neniñ@s de 2º

              

              

@s raparig@s de 3º 

              

             

              

            

@s chavalot@s de 4º

            

              

            

            

@s nen@s de 5º

              

             

@s maiores de 6º

              

               

              Despois de xogar un cachiño no patio e gozar dos nosos disfraces, fomos a clase e fixemos unha merendola cos doces que todos trouxemos das nosas casas....ummmmm! qué ricos estaban!

            

                              Beso  E así, entre filloas, orellas e doces

                    demos por inaugurado o Entroido 2012 Guiño

    ATA LOGO!

Os enxeñeiros/as do San Vicenzo

Durante estas últimas semanas os rapaces de 6º de Primaria elaboraron diversos circuítos eléctricos demostrando que son todos/as uns artistas e que a electricidade non ten secretos para eles e elas. Na exposición que temos diante da biblioteca puidemos desfrutar de auténticas obras de enxeñería que van desde campos de fútbol ata avións, pasando por casas ou muíños entre outros. Así que pais e nais xa sabedes, se a partir de agora hai que renovar a instalación eléctrica da casa non o dubidedes e pedide axuda aos vosos fillos/as. 

Aquí vos queda unha imaxe da exposición, facendo clic enriba dela podedes acceder ao resto das fotos que se atopan na galería de imaxes.

 

EN MARZO ÁBRESE O PRAZO PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA OS ALUMNOS DE NOVA MATRÍCULA

Do 1 de marzo ao 10 de abril está aberto o prazo para a solicitude de admisión de novos alumnos no centro San Vicenzo. Os alumnos que xa estean matriculados este ano non necesitarán formalizar matrícula para o curso vindeiro.

Para solicitar a admisión haberá que presentar a seguinte documentación:

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2012 / 2013

(Para alumnos de nova matrícula)

 

 

 

Prazo: do 1 de marzo ao 10 de abril.

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

  1. Impresos solicitude (Anexo I I).
  2. Enquisa de relixión.
  3. Certificado médico (cóbrese polo médico de cabeceira ou o pediatra).
  4. Impreso de Transporte Escolar.
  5. Fotocopia do libro de familia (folla na que aparece o neno).
  6. Dúas fotografías tamaño carné.
  7. Certificado de empadroamento conxunto no que aparezan tódolos membros da unidade familiar que convivan no domicilio do alumno (pídese no Concello).
  8. Fotocopia da Tarxeta Sanitaria do neno feita polas dúas caras.
  9. Impreso de autorización de publicación de imaxes.
  10.  No caso de separación ou divorcio dos pais, sentenza xudicial na que figure o convenio regulador e a persoa ou persoas que teñan a custodia legal do alumno.
  11. Impreso de autorización de recollida dos nenos en horario escolar.
  12. Cuestionario lingua materna.

 

Todos os documentos que pidan a sinatura deberán estar asinados tanto polo pai como pola nai ou titores legais.

 

Os alumnos que sexan usuarios do transporte escolar teñen dereito ao uso gratuíto do comedor escolar.

 

Esta tramitación corresponde solicitude de admisión. No mes de xuño (do 20 ao 30) deberá tramitarse a matrícula, para o que simplemente será necesario cubrir o impreso de matriculación correspondente no caso de que toda a documentación anterior xa se teña presentado. Dito impreso de matriculación será facilitado na secretaría do centro.

 

Tanto estas instruccións como os impresos necesarios para a tramitación poderanse pedir na secretaria do centro en horario de luns a venres de 12:10 a 13:00

Os impresos poden ser descargados nesta mesma web do CEIP San Vicenzo. Para facelo hay que entrar no menú da esquerda no apartado  "O Centro" --> "Secretaría" --> "Admisión".

Distribuir contido