ENTROIDO NO SAN VICENZO
O 17 de Febreiro celebramos no CEIP San Vicenzo o Entroido, enchendo de cores e alegría o noso cole.
Comezamos o día disfrazándonos na clase e preparando a merenda de doces do Entroido que máis tarde íamos a degustar.
Logo baixamos ao patio e desfilamos para os nosos compañeiros e deseguido saímos do cole para ir ata a praza do concello. Cantas fotos nos sacaron os nosos pais, nais, amigos e veciños! e é que a verdade, estábamos moi guapiños.
@s nen@s de INFANTIL seguiron coa súa viaxe polos continentes e alí se inspiraron para deseñar os seus modelos:
Dende o continente asiático chegaron os neno@s de 3 anos A, disfrazados de feroces tigres e amorosos osiños panda e ata o outro lado do atlántico tiveron que ir os nenos de 3 anos B, para chegar ao continente americano e vestirse como os aborixes desas terras: de xefes e xefas indios: JAU, irmáns indios!
O continente europeo foi estudado minuciosamente polos nenos de 4 anos, que se disfrazaron cos monumentos que máis lles chegaron ao corazón: A Torre de Hércules, a Torre do Reloxo, a Catedral de Santiago, a Torre Eiffel ….. en fin, un montón de cultura representada nestes pequenos!
C@s raparig@s de 5 anos chega o baile de dous continentes incribles: dende África, @s nen@s de 5 anos B, vestidos de bailarinas da danza do ventre, e dende Oceanía, @s raparig@s de 5 anos A, danzando de bailarinas da Polinesia. Pero que ben se moven, que ben o fan!
Xa c@s raparig@s de PRIMARIA, chega a variedade, a diversión, o colorido, o baile e ......
A FESTA!!!!!!!
Bruxas e fadas, superheroes e princesas, animaliños, sevillanas, enfermeiras, pallasos,damas e cabaleiros, hippys, vampiros e vampiresas, magos e ninjas e un sen fin de disfraces máis apareceron este día de Entroido engalanados coas súas mellores vestimentas.
Mirade que bonitiños ían estes nen@s . GUAU!
@s cativ@s de 1º
@s neniñ@s de 2º
@s raparig@s de 3º
@s chavalot@s de 4º
@s nen@s de 5º
@s maiores de 6º
Despois de xogar un cachiño no patio e gozar dos nosos disfraces, fomos a clase e fixemos unha merendola cos doces que todos trouxemos das nosas casas....ummmmm! qué ricos estaban!
E así, entre filloas, orellas e doces
demos por inaugurado o Entroido 2012
ATA LOGO!