Saltar navegación.
Inicio

Entroido

ENTROIDO 2024

Aquí unha pequena mostra dos nosos disfraces de Entroido neste 2024:

 

ENTROIDO 2023

Así celebramos este 2023 e nosa semana de Entroido. O peche da semana foi cun estupendo desfile inspirado en contos e películas infantís.

Que ben o pasamos!!

SEMANA DE ENTROIDO

Este ano o noso Meco está moi fraquiño, para animalo imos cumprir cada día co seu mandadiño!!

Ai Meco!! a ver se remantas a semana ben vestidiño!! 

 

   

ENTROIDO 2020

O venres 21 de febreiro de 2020 celebramos o noso desfile de entroido.Este ano a temática estivo relacionada co proxecto de centro baixo o lema "Coidemos o noso planeta". A continuación móstrase un pequeno resumo do ben que o pasamos. Esperamos que vos guste!

Un entroido cheo de inventos

 

  

 

Presentación; a ciencia e os inventos.

O descubrimento do lume e a creación dos primeiros colares - Os trogloditas de 3 anos que veñen da PREHISTORIA.

O proceso da momificación - Os faraóns e faronas de 4 anos que veñen do ANTIGO EXIPTO.

A balanza - Os romanos e romanas de 5 anos que chegan desde o seu IMPERIO. 

  

 

 

 

A medición do tempo - Os reloxos de 1º.

Os Chupa Chups - O alumnado de 2ºA.

A calculadora - O alumnado de 2ºB.

Hypatia de Alexandría, a primeira científica - O alumnado de 3º.

 

 

 

 

 

O submarino - Os buzos de 4ºA.

O futbolín - Os xogadores e animadoras de 4ºB.

A conquista do espazo - Os científicos de 5ºB.

 

 

 

 

O termómetro - O alumnado de 5ºA.

O teléfono - O alumnado de 6º.

 

  Álbum de fotos do Entroido 2016

 

Costumes

Chegou o Entroido e os alumnos/as de 3º de primaria preparamos unha pequena actividade de inglés para traballar o vocabulario da roupa.

Primeiro tiñamos que disfrazar un boneco de papel, usando diferentes materiais (teas, papel, cartolinas e todo o que se nos ocurrira). Despois tivemos que escribir un texto sinxelo dicindo a roupa que levaban os nosos bonecos e por último presentamos os nosos traballos aos nosos compañeiros/as.

Aquí vos queda o resultado !!!!!! xenial !!!!!!

So cool !!!!!!

 

 

Preparándonos para ...

 

 

 

 

 

 

 

ENTROIDO NO SAN VICENZO

          O 17 de Febreiro celebramos no CEIP San Vicenzo o Entroido, enchendo de cores e alegría o noso cole.

         Comezamos o día disfrazándonos na clase e preparando a merenda de doces do Entroido que máis tarde íamos a degustar.


         Logo baixamos ao patio e desfilamos para os nosos compañeiros e deseguido saímos do cole para ir ata a praza do concello. Cantas fotos nos sacaron os nosos pais, nais, amigos e veciños! e é que a verdade, estábamos moi guapiños.

@s nen@s de INFANTIL seguiron coa súa viaxe polos continentes e alí se inspiraron para deseñar os seus modelos:

       Dende o continente asiático chegaron os neno@s de 3 anos A, disfrazados de feroces tigres e amorosos osiños panda e ata o outro lado do atlántico tiveron que ir os nenos de 3 anos B, para chegar ao continente americano e vestirse como os aborixes desas terras: de xefes e xefas indios: JAU, irmáns indios!
                          

              

             

              

              

       O continente europeo foi estudado minuciosamente polos nenos de 4 anos, que se disfrazaron cos monumentos que máis lles chegaron ao corazón: A Torre de Hércules, a Torre do Reloxo, a Catedral de Santiago, a Torre Eiffel ….. en fin, un montón de cultura representada nestes pequenos!

               

                   

C@s raparig@s de 5 anos chega o baile de dous continentes incribles: dende África, @s nen@s de 5 anos B, vestidos de bailarinas da danza do ventre, e dende Oceanía, @s raparig@s de 5 anos A, danzando de bailarinas da Polinesia. Pero que ben se moven, que ben o fan!

             

             

              

             

Xa c@s raparig@s de PRIMARIA, chega a variedade,  a diversión, o colorido, o baile e ......
      

A FESTA!!!!!!!

Bruxas e fadas, superheroes e princesas,  animaliños, sevillanas, enfermeiras, pallasos,damas e cabaleiros, hippys, vampiros e vampiresas, magos e ninjas e un sen fin de disfraces máis apareceron este día de Entroido engalanados coas súas mellores vestimentas.
Mirade que  bonitiños ían estes nen@s . GUAU!

                                             @s cativ@s de 1º

             

             

             

             

   @s neniñ@s de 2º

              

              

@s raparig@s de 3º 

              

             

              

            

@s chavalot@s de 4º

            

              

            

            

@s nen@s de 5º

              

             

@s maiores de 6º

              

               

              Despois de xogar un cachiño no patio e gozar dos nosos disfraces, fomos a clase e fixemos unha merendola cos doces que todos trouxemos das nosas casas....ummmmm! qué ricos estaban!

            

                              Beso  E así, entre filloas, orellas e doces

                    demos por inaugurado o Entroido 2012 Guiño

    ATA LOGO!

ENTROIDO

A QUE LEVAMOS UNS DRISFACES MOI CHULOS!?!?

VIVA O ENTROIDO!!!

O entroido

Este ano os rapaces do colexio C.E.I.P San Vicenzo vamos a celebrara festa do entroido.Todos os rapaces deste colexio falan de de que van ir disfrazadas,uns din que van a ir de zombis,outros de demonio,e como non o tipico disfraz de bruxa,hasta hai xente que quere ir de vello.Bueno,chao,que teño que ir comprar o disfraz,xa sei que hoxe non e a festa do entroido,pero hai que comprar o disfraz por anticipado,porque se o compramos moi tarde non creo que haxa disfraces.A e antes de marchar querovos facer unha pregunta ¿que vos gusta mais o disfraz de bruxa ou o de demonio?
Distribuir contido